O IES de Vilalonga acudiu ó FP Innova para mostrar o proxecto O Parque Micolóxico: un espazo gastrodidáctico, coordinado e desenvolvido polo profesorado da rama de Hostalería e Turismo do noso centro.
Este proxecto fusiona natureza, ciencia e gastronomía para crear un espazo educativo que fomenta o coñecemento e a conservación dos fungos galegos.
A través da creación dun horto micolóxico experimental e unha liña de innovación culinaria con receitas elaboradas a partir de especies autóctonas, promóvese a sostibilidade, a educación ambiental e a experimentación gastronómica con produtos de proximidade.
Colaboran: CIFP Carlos Oroza, Concello de Sanxenxo, Federación Galega de Micoloxía e Asociación AMABUL.
Máis información no blog do proxecto.
