Dentro do programa de Radio na Biblio, o alumnado de 4° ESO da materia de Proxecto Competencial do IES trasladou o estudo de radio ao Centro de Día de Sanxenxo. Alí puideron preguntarlle a xente que ten moito que ensinarnos sobre as súas experiencias na posguerra, a emigración ou coas novas tecnoloxías, así como poñer a proba os seus coñecementos sobre a xerga xuvenil.
Una experiencia marabillosa para todos e todas as participantes, que o alumnado desfrutou e da que tamén aprendeu moito.
Unha sorte poder compartir mañás coma estas.
Temos que agradecer á concelleira, Nati Parada, que foi a que serviu de enlace coa directora do centro de Día, María Insua, coa que puidemos coordinar o desenvolvemento desta actividade.
