• Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

Miga de pan

  • Inicio
  • ESO

ESO

Teatro en Vilagarcía

teatro_vilagarcia

O alumnado de 3º da ESO e 1º de bacharelato disfrutou da saída ó teatro en Vilagarcía, organizada polo departamento de Lingua Castelá.

  • Ler máissobre Teatro en Vilagarcía

Admisión alumnado 2026/2027 - ESO - Bacharelato

ESO
Bacharelato
  • Ler máissobre Admisión alumnado 2026/2027 - ESO - Bacharelato
O alumnado que reservou praza para 1º de Bacharelato no noso centro deberá presentar solicitude de matrícula entre o 1 e o 20 de marzo.

Naturnova

foto_naturnova

O pasado 14 de xaneiro o alumnado de 1º da ESO asistiu a unha visita didáctica ó centro interactivo de educación medioambiental Naturnova, organizado polo departamento de Tecnoloxía. 

Sen dúbida, unha actividade tanto didáctica como lúdica que puideron disfrutar os nosos alumnos e alumnas.

  • Ler máissobre Naturnova

Inicio programa TEI

foto_tei

Outro ano máis pomos oen marcha un dos programas dos que nos sentimos máis orgullosos: o programa TEI (Titoría Entre Iguais) contra o acoso escolar.

Fascémolo con ilusión renovada e co compromiso de toda a comunidade educativa, traballando xuntos por un centro máis respectuoso, solidario e seguro para todos e todas.

  • Ler máissobre Inicio programa TEI

Educación Secundaria

No IES de Vilalonga impartimos Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato, ofrecendo unha formación integral que acompaña ó alumnado ó longo das distintas etapas do seu desenvolvemento académico, persoal e social.

Na etapa de ESO, dende 1º ata 4º curso, traballamos para consolidar os coñecementos básicos, adquirir hábitos de estudo e fomentar valores como a responsabilidade, o respecto e o pensamento crítico, atendendo á diversidade de ritmos e necesidades do alumnado.

      ESO      

Bacharelato

  • Ler máissobre Educación Secundaria

Educación Secundaria Obrigatoria

No noso centro impartimos ensinanzas de 1º a 4º da ESO, ofrecendo unha formación integral adaptada ás diferentes etapas do alumnado. 

Prestamos especial atención á diversidade, aplicando as medidas de atención á diversidade necesarias para garantir unha educación inclusiva. 

Participamos en proxectos de carácter académico, orientados á mellora das competencias, así como en iniciativas de ámbito emocional, destinadas a favorecer o benestar e o desenvolvemento persoal.

Use the arrow keys to navigate between tabs

Os centros adscritos ó IES de Vilalonga son:

  • CEIP de Noalla-Telleiro
  • CEIP Plurilingüe Cruceiro
  • CEIP Plurilingüe Nantes

A alumnado destes centros terá preferencia de acceso.

As ensinanzas da ESO impártense en horario de:

  • 8:30 a 14:10 de luns a venres.
  • 16:15 a 17:57 os martes á tarde.

Entendemos a atención á diversidade como o conxunto de actuacións e programas que permiten dar unha resposta axustada ás necesidades educativas de cada estudante. Partimos dun enfoque inclusivo e equitativo, adaptando a organización da aula e do centro para favorecer a participación e a aprendizaxe compartida. 

Nas programacións didácticas deseñamos metodoloxías que promoven a inclusión, como o traballo cooperativo, a titoría entre iguais ou a aprendizaxe por proxectos. Ademais, implementamos reforzo educativo e plans de apoio cando o alumnado o precisa, así como a adaptación de tempos e instrumentos de avaliación para garantir unha avaliación xusta. 

En determinados casos, tamén se poden establecer agrupamentos flexibles en materias instrumentais ou apoios específicos. Todo isto desenvólvese en coordinación co profesorado titor e co Departamento de Orientación, buscando sempre o benestar e o progreso do alumnado.

Para aquel alumnado que prefire un ensino máis orientado ó mundo laboral, establécense, de forma paralela, as ensinanzas de Formación Profesional Básica, que permiten acadar o título da ESO, ademais do propio título de técnico básico en diferentes especialidades.

Os requisitos xerais de acceso poden consultarse na sección de cada unha das modalidades que se ofrecen no noso centro: 

  • FPB en Cociña e Restauración
  • FPB en Mantemento de Vehículos
  • FPB en Servizos Administrativos

Por outra banda, tamén existe a posibilidade da obtención do título da ESO a través da ensinanza para persoas adultas (ESPA), á que pode acceder alumnado maior de idade ou maior de 16 anos con contrato laboral ou outras casuísticas que poden consultarse na sección ESPA.

Unha vez obtido o título da ESO, o alumnado poderá:

  • Acceder ó bacharelato (perfil académico, orientado ó acceso á universidade ou ciclo superior)
  • Acceder á Formación Profesional de Grao Medio (perfil orientado ó mundo laboral)
  • Acceder ó mundo laboral
  • Presentarse a diferentes oposicións
  • Ler máissobre Educación Secundaria Obrigatoria
Paxinación
  • Páxina anterior ‹‹
  • Páxina 2
Subscribirse a ESO
logo_av
logo_fp_distancia
logo_p_laranxa
logo_rede_dixital
logo_fondo_europeo
logo_erasmus
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Vilalonga