Listaxe libros de texto curso 26/27
Adxuntamos o listado de libros de texto para o vindeiro curso no IES de Vilalonga
Solicitudes e matrícula - Días de entrega
Co fin de facilitar e axilizar a organización da entrega de solicitudes/matrículas, dende o centro distribúense, por niveis educativos, os días prioritarios de entrega presencial de documentación.
NIVEL |
Admisión e matrícula FP
A paritr do 15 de xuño de 2026 iníciase o período de admisión ás diferentes ensinanzas de FP. Xúntanse os calendarios oficiais coas diferentes datas a ter en conta.
Ensinanzas de FP no IES de Vilalonga:
Presentacións InnovaTechFP
Este venres 5 de xuño, os dous equipos do IES de Vilalonga clasificados para a final de InnovaTech FP achegáronse a Ourense para realizar a presentación dos seus proxectos ante as empresas participantes e o xurado.
O equipo Limnora presentou un dispositivo orientado a dar solución ao reto medioambiental formulado por Veolia, que permite facer unha xestión máis eficiente dos recursos mediante a redución de residuos. No deseño desta proposta innovadora participaron Nicolás Mascato, Roi Bravo, Miguel Ángel Reyes e Marco Germaná.
Vilalonga na final de InnovaTech FP
Dous equipos de alumnos do Ciclo Superior de Administrativo competirán na final do concurso de emprendemento convocado pola Xunta de Galicia, FP Innova Tech, no que 20 empresas propoñen retos para resolver polo alumnado.
En total, había máis de 500 equipos participantes e só 60 finalistas, entre os que se atopa o IES Vilalonga que, por primeira vez, compite con dous equipos:
Datas de Exames Finais ZM Xestión Administraiva
Publícanse as datas dos exames finais correspondentes á oferta modular da ensinanza ZM Xestión Administrativa.
Coñecendo as ensinanzas da contorna
O alumnado de FPB visitou os CIFP A Xunqueira, Montecelo e Carlos Oroza para coñecer a oferta de Ciclos medios da contorna.
Twister contra o acoso escolar
Como conmemoración polo día contra o acoso escolar (2 de maio) o alumnado da ESO e FPB disfrutou aprendendo grazas a un twister xigante.
Actividade organizada polo departamento de orientación. O material foi prestado pola Asociación Cultural Trebellos.
Taller de economía circular
O alumnado de grao medio e superior da rama de administrativo ampliou os seus coñecementos cun taller de economía circular e mobilidade sostible.
Data: 24 de marzo
