• Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Organigrama
    • Documentos do centro
    • Contacto e localización
  • Alumnado
    • Orientación
    • Transporte
    • AbalarMóbil
  • Ensinanzas
    • ESO
    • Bacharelato
    • FP Administración
    • FP Automoción
    • FP Hostalería
    • ESO Adultos/as
    • Desempregados/as
    • Capacitación dixital
  • Proxectos
    • Biblioteca
    • EduEmprende
    • Erasmus+
    • InnovaTech FP
    • KartLonga
    • Parque Micolóxico
    • PIE
    • Plan Proxecta
    • Polos Creativos
    • Proxecto ARDIA
    • RadioLonga
    • TEI
    • YAM
  • Congreso mobilidade
  • Aula Virtual

Miga de pan

  • Inicio
  • Presentacións InnovaTechFP

Presentacións InnovaTechFP

innovatech_1

Este venres 5 de xuño, os dous equipos do IES de Vilalonga clasificados para a final de InnovaTech FP achegáronse a Ourense para realizar a presentación dos seus proxectos ante as empresas participantes e o xurado.

O equipo Limnora presentou un dispositivo orientado a dar solución ao reto medioambiental formulado por Veolia, que permite facer unha xestión máis eficiente dos recursos mediante a redución de residuos. No deseño desta proposta innovadora participaron Nicolás Mascato, Roi Bravo, Miguel Ángel Reyes e Marco Germaná.

Pola súa banda, o equipo Galibrila deu resposta ao reto formulado por L'Oréal mediante unha aplicación de xestión integral para perruquerías, que abrangue desde a parte económica ata a promoción e o contacto coa clientela, incorporando ferramentas de intelixencia artificial. Levaron a cabo este proxecto Gemma Sineiro, Iago Montenegro, Andrés González e Lucía Pérez.

Ambos equipos implicaron, nun exemplo de colaboración entre as diferentes ensinanzas do centro, a distintos departamentos nos proxectos realizados, como o Departamento de Automoción, para a construción do dispositivo de prensado de residuos, ou o Departamento de Polos Creativos, na elaboración de merchandising coa impresora 3D e a cortadora láser.

Noraboa polo excelente traballo realizado!

logo_av
logo_fp_distancia
logo_p_laranxa
logo_rede_dixital
logo_fondo_europeo
logo_erasmus
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

IES de Vilalonga