Section outline
-
-
-
Este Nadal repasaredes realizando tódalas preguntas dun modelo falso de exame. Trátase dunha actividade voluntaria que veremos en clase á volta. Esta vai esixir que investiguedes unha nova técnica escultórica: a ensamblaxe artística.
Data límite: 8 de xaneiro.
-
-
-
-
PROPOSTA
Accede á ficha de "Cacatúa Juan Gris Nº4", investiga, e responde ás seguintes preguntas:
- Cales son o título, data e técnica da obra?
- Cal é a traxectoria de Joseph Cornell?
- Cal é a motivación da obra?
- De que materiales está composta a obra?
- Que destacarías da súa estrutura, cor, textura e claroscuro?
- Que claves de profundidade emprega?
- Con que outras obras relacionarías esta peza?
-
-
-
Proposta
Galicia ten unha longa e grande tradición de talla e tamén de elaboración de xabón. Por grupos de 4 a 6 persoas, realizaremos unha obra de talla de xabón, que reflicta esta tradición no traballo e no material, mais de tema libre, sempre que sexa respectuoso.
A entrega final da obra inclúe:
- Bosquexo e croquis.
- Vistas diédricas e axonométrica (isométrica con coeficiente de redución de 0,816 ou cabaleira normalizada con coeficiente de redución 0,5 no eixo y) OU maqueta da peza a elaborar.
- Peza finalizada de talla de xabón de bulto redondo, malia que pode incluir relevos, con dimensións máximas 40 cm. x 40 cm. x 40 cm.. A peza debe manter unha coherencia en materiais, contido e forma co tema escollido e, en materiais, coa tradición galega de talla e xabón.
- Dossier completo.
- Cuadrante de actividade grupal (un por SESIÓN). Pode ser escrito a man.
Entrega: 3 de maio de 2024


-
Dos escultores citados nesta escolma, reparade en que, de xeito maioritario, traballaron ou traballan a talla nalgún material:
- Madeira
- Pedra (mármore, granito, pórfido, etc.)
Antonio Faílde, Francisco Asorey, Caxigueiro, Silverio Rivas, son algúns nomes destacados.
-
-
-
PROPOSTA
Realizaremos unha primeira tarefa, que consistirá nunha primeira práctica de baleirado con plastilina e molde de barro. Non traballaremos a molde perdido, polo que poderemos reproducir a peza que queramos realizar.
- Tomaremos un obxecto a escoller libremente, sempre que non sexa dañino ou de carácter inapropiado.
- Realizaremos o molde en barro.
- Realizaremos o baleirado con plastilina.
A segunda tarefa, a continuación desta primeira, consistirá en crear, incluindo a peza anterior, unha serie que funcione coma poema visual tridimensional (aquí un exemplo).
É posible escoller técnica, materiais e tema (sempre que sexa respectuoso e axeitado á tarefa), mais ningunha das dimensións da serie final poderá exceder de 40 mm.
Data de entrega: 28 de maio de 2024. A entrega inclúe:
- Peza final.
- Dossier completo (incluida documentación de bosquexo, croquis e peza)
- Cuadrante de actividade grupal
-
-
PROPOSTA
Individualmente, ler a proposta "preguntas tarefa última" que se adxunta en formato editable (.odt) e .pdf.
- As preguntas poden responderse en liña ou en documento de texto formato pdf.
- A tarefa práctica entregarase en formato .pdf ou .jpg.
- A vista en Tinkercad (opcional) adxuntarase mediante a ligazón correspondente.
Data de entrega: xoves 6 de xuño, malia que está pensada para 50 minutos. Podedes consultar os apuntamentos ou as ligazóns incorporadas á proposta para responder ás preguntas ou realizar a tarefa práctica, máis as respostas, agás que consten de enumerar elementos, deberán ser orixinais.

