Diarios


Tema Nome Descrición
Cousas da Programación Docente a ter en conta.

UD 1. O VOLUME: ELEMENTOS DE CONFIGURACIÓN FORMAL E ESPACIAL. COMPOSICIÓN ESPACIAL. 

TEMPORIZACIÓN: Trimestre 1. Set.Out.Nov.Dec.

DESCRICIÓN: Elementos estruturais da forma: liña, plano, aresta, vértice, superficie, volume, texturas (visuais e táctiles), concavidades, convexidades, baleiro, espazo, masa, escala, cor. Relación entre forma, escala e proporción. O movemento. A luz. Relación entre forma e estrutura. Campos de forza, equilibrio, dinamismo etc. As estruturas tridimensionais: modularidade, repetición, gradación e ritmo no espazo. Relacións entre os elementos (dirección, posición, espazo e gravidade). Principios do deseño tridimensional.

CONTIDOS: 

  • -  As formas tridimensionais e a súa linguaxe. Elementos estruturais da forma: liña, plano, aresta, vértice, superficie, volume, texturas (visuais e táctiles), concavidades, convexidades, baleiro, espazo, masa, escala, cor.
  • -  Composición espacial (campos de forza, equilibrio, dinamismo etc.) e relación entre forma, escala e proporción.
  • -  As estruturas tridimensionais: modularidade, repetición, gradación e ritmo no espazo.
  • -  Relación entre forma e estrutura. A forma externa como proxección ordenada de forzas internas.
  • -  Relacións entre os elementos (dirección, posición, espazo e gravidade).
  • -  Representación do movemento nos obxectos tridimensionais e na escultura. Elementos móbiles na obra tridimensional.
  • -  A luz como elemento xerador e modelador de formas e espazos.
  • -  Calidades emotivas e expresivas dos medios gráfico-plásticos en corpos volumétricos.
  • -  Principios e fundamentos do deseño tridimensional.

Objetivos: 
1. Recoñecer os elementos básicos do volume, diferenciando a aparencia externa da estrutura.
2. Manexar a terminoloxía específica do volume, describindo aceptablemente as formas, estruturas, proporcións e elementos compositivos.
3. Ser capaz de crear pezas, tanto figurativas como abstractas, tendo en conta non só a aparencia externa, senón os aspectos conceptuais, a estrutura interna e unha intención comunicativa concreta.
4. Coñecer a estrutura dos proxectos tridimensionais e ser capaz de deseñar un proxecto sinxelo.
5. Ser capaz de crear obxectos cunha finalidade determinada, superando estereotipos creativos.

CUALIFICACIÓN POR AVALIACIÓN: 
- Traballos prácticos: 80%
 - Probas escritas: 10%
- Traballos escritos: 10%