- Inicio
- O centro
- Secretaría
- Erasmus+
- Programacións
- Biblioteca
- FCT
- Oferta educativa
- Novas
ACTUALIDADE
Durante a semana do 4 ao 8 de maio, os nosos compañeiros do departamento de Informática Nuria Canle e Roberto Pérez, realizaron unha mobilidade Erasmus+ de job-shadowing na institución de educación de persoas adultas Učilište Studium na cidade de Zadar (Croacia)
Ayan Hadier Chaudhary de 2º ESO B e Hugo Martínez Fernández de 1º ESO B acadan o 1º e 2º posto respectivamente en categoría cadete, no Torneo Metropolitano de bádminton celebrado o pasado sábado 16 de maio no pavillón Altamira de Salceda de Caselas
O alumnado de 1º de ESO do IES de Teis desfrutou dunha enriquecedora xornada cultural no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, un dos referentes máis importantes da arte rupestre ao aire libre en Galicia.
Do 4 ao 9 de maio, a profesora Cristina Gómez Alonso, do departamento de Informática, desfrutou da súa primeira mobilidade Erasmus+, realizada na cidade de Tbilisi, capital de Xeorxia.
Durante o mes de abril, a profesora Natalia Vérez Cotelo, do departamento de Imaxe Persoal, participou nunha mobilidade Erasmus+ de tipo Job Shadowing en Francia, no centro Thalasso Coté.
O alumnado do IES de Teis participou este curso no proxecto #parquevibras, unha iniciativa centrada na concienciación medioambiental e na posta en valor dos espazos naturais de Galicia.
A coordinadora de Programas Internacionais do noso centro acudiu á xornada "Xuventude rumbo a Europa: Recursos da Unión Europea para a xuventude da provincia de Pontevedra" organizada pola Deputación de Pontevedra.
O noso alumnado do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (DAW) vén de asinar unha brillante participación no Impacthon, unha intensa hackathon organizada na Escola de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela polo grupo GDG Developers.
