2024/2025HISTORIA DA ARTE 2º BACH
Curso: 2024/2025HISTORIA DA ARTE 2º BACH | AV IES MENDIÑO
-
Open all
Close all
-
Instructions: Clicking on the section name will show / hide the section.
-
1
INTRODUCIÓN.
- ToggleNeste tema introdutorio achegarémosnos aos seguintes aspectos:
1. O papel do artista e o papel da clientela.
2. As técnicas artísticas.
3. O patrimoniio artístico.
-
Aquí deixámosvos unha pequena introdución á historia da arte, coa que iniciamos este apaixoante e belo curso.
-
Unha nova introdución, outro enfoque.
-
2
ÁMBITO 1. Tema 1: A arte grega
- Toggle-
Primeiro tema, terceira presentación. O que traballamos na aula.
-
Como ben sabemos, hai xente "pa to"! Hai a quen lle gusta máis o visual (as presentacións) e hai quen prefire uns apuntamentos máis tradicionais (texto, texto e texto). Pois para este primeiro tema do curso traemos as dúas perspectivas: "para gustos, cores".
Mirade os dous documentos, a ver cal vos aclara máis o tema (e lembrade, sodes vós que facedes o voso material de estudo).
-
Só tes 2 minutos? Pois aquí tes unha "somera" presentación das principais características e obras da escultura da Grecia clásica, desde a época arcaica até a helenística.
-
Un profesor, unha presentación, e unha explicación ampla, clara e ben adaptada para o nivel de 2º BAC.
-
Non todo é o tempo que ocupa un vídeo. Belén Morillo achéganos dun xeito moi claro o esencial da escultura grega. Un vídeo moi ben montado e entretido. Nin 2 nin 30 minutos. Descobre outro xeito de contar o mesmo tema: a escultura da Grecia clásica.
-
-
3
ÁMBITO 1. Tema 2. A arte de Roma
- Toggle-
Se reledes os contidos do curso, publicados pola CIUG, veredes que para este segundo tema, a Arte Romana, indícase que prestemos atención unicamente a 5 obras, todas elas ARQUITECTONICAS. Aquí están:
- Panteón de Agripa.
- Coliseo o Anfiteatro Flavio.
- Acueduto de Segovia.
- Arco de Tito.
- Teatro de Mérida.
Neste novo vídeo, Belén Montilla presenta as características xerais da arte romana (e da etrusca). Con todo, se non queredes velo enteiro, centrádevos en 2 apartados, onde fai un pequeno resumo do contexto histórico e as características xerais da arquitectura romana:
- Breve contexto histórico (06:28 - 09:15).
- Arquitectura romana (09:15 - 19:00)
-
4
ÁMBITO 2. Tema 3. Arte bizantina
- Toggle -
5
ÁMBITO 2. Tema 4. Arte prerrománica
- Toggle-
Cómpre elaborar un (1) contexto histórico-artístico de algún destes temas:- Tema 4. Arte prerrománica.- Tema 5. Arte románica.PASOS A SEGUIR:
- Elabora un guion cos aspectos fundamentais que permitan presentar unha obra de arte da época elixida dentro do seu contexto histórico e artístico.
- Con toda esta información, grava un vídeo con toda esta información.
Forma de entrega:
- Sube o teu vídeo ao espazo persoal de drive da túa conta de iesmendinho.com, e inclúe a ligazón no documento de entrega do traballo.
- Nomea o vídeo como: apelidoapelidonome.ActividadeContexto (non nomear o vídeo correctamente suporá unha diminución da nota final de 3 puntos).
- Copia a ligazón a un documento en formato pdf. Este documento estará nomeado de igual xeito que o vídeo, e achegarase á aula virtual (non nomear o pdf correctamente suporá unha diminución da nota final de 2 puntos).
- Sube o documento pdf á aula virtual.
-
Deixámosvos as ideas sobre as que podería xirar o comentario dunha obra de arte do Prerrománico, en concreto para San Miguel de Celanova e Santa María do Naranco. Serías ti capaz de facer o mesmo para outras obras?
-
6
ÁMBITO 2. Tema 5. Arte románica
- Toggle-
Na presentación que vimos na aula observamos o interior da catedral de Santiago, analizando a súa planta de cruz latina con deambulatorio como referente das igrexas de peregrinación. Como xa comentamos, a visión que tiñan os peregrinos e persoas que accedían ao interior da catedral en época medieval era moi diferente da que podemos ter na actualidade, fundamentalmente pola desaparación do coro pétreo elaborado polo Mestre Mateo, e que situaba na nave central, xusto diante do cruceiro, o que dificultaba a visión do altar para as persoas situadas na nave central.
Neste artigo podedes ver unha reconstrución dixital feita neste ano 2024 por investigadores da USC.
-
7
ÁMBITO 2. Tema 6. Arte gótica
- Toggle-
Aínda que Notre Dame de París non é unha obra que entre especificamente nas probas PAU, si que podemos sacar proveito deste vídeo para atender ás características xerais da arquitectura gótica e, sobre todo, analizar a evolución dun edificio ao longo do tempo.
Tamén vimos na aula un vídeo ben interesante sobre o debate xurdido a raíz da restauración deste emblemático edificio parisino:
-
8
ÁMBITO 3. Tema 7. Arte do Renacemento.
- Toggle-
Tema teórico para a PAU 2025.
-
A historia da arte, con Antonio García Villarán
-
Se non podes ou non queres ver outro vídeo, non deixes de ver este.
A historia da arte, con Antonio García Villarán. -
De que escultura cres que estamos a falar?
-
-
9
ÁMBITO 3. Tema 8. O Barroco.
- Toggle-
Aquí tes os episodios publicados sobre os cadros de Velázquez presentes no Museo do Prado, e que entran na ABAU 2024:
-
Tema 6. O Barroco en Europa. Arquitectura. Especifíquense as características da arquitectura barroca en Europa, con especial atención a Italia, e explíquese a súa evolución. Menciónense os seguintes autores e as súas obras: Maderno, Bernini, Borromini, Le Vau, Mansart e Le Nôtre.
-
Tema 7. O Barroco en Europa. Pintura. Especifíquense as características da pintura barroca en Europa, con especial atención a Italia, e explíquese a súa evolución. Menciónense os seguintes autores e as súas obras: Caravaggio, A. Carracci, G. B. Gaulli, Artemisia Gentileschi, Rubens, Rembrandt.
-
Tema 8. O Barroco en Europa. Escultura. Especifíquense as características da escultura barroca en Europa, con especial atención a Italia, e explíquese a súa evolución. Menciónense os seguintes autores e as súas obras: Bernini, Algardi.
-
10
ÁMBITO 4. Tema 9. O s. XIX
- Toggle-
Le o documento de teoría coa análise das obras de Goya que son obrigatorias para a PAU e indica as 3 características fundamentais que ti resaltarías, para cada unha das obras, que considerarías que son imprescindibles para que calquera as puidese entender.
Nome o artigo: apelidoapelidonome.goya.pdf
-
11
ÁMBITO 4. Tema 10. S. XX e Contemporaneidade.
- Toggle-
Merece que dediquemos o noso tempo a estudar a obra de Joan Miró? É o máis sobrevalorado da historia da arte?
