Hai quen di que de termos que elixir un só edificio para ver na cidade de Roma, este tería que ser o Panteón. Podedes lelo aquí. E é moito que dicir! Non só polas propias obras arquitectónicas de época clásica imperial, coma o Coliseo, senón pola grande produción artística que cubriu a cidade en época renacentista e barroca.

Con todo, o Panteón é unha obra cumio da arte clásica romana. Un referente que guiou a moitos arquitectos posteriores, como vimos no caso de Miguel Anxo. Por que? Aquí tedes uns recursos que vos permitirán descubrilo.

  • Análise do Panteón de Roma. Neste vídeo poderedes seguir, a xeito de comentario, as características fundamentais do Panteón de Agripa.
  • Se gostades máis dos modelos 3D, podedes ver este O Panteón de Roma en 14 minutos.
  • E por último, o mínimo, ou o máximo que se pode dicir en menos de 2 minutos, o Panteón, de Academia Play.
Última modificación: domingo, 3 de novembro de 2024, 6:33 PM