Matemáticas 1º A 17/18
Section outline
-
Aula virtual para exercicios de repaso e consulta de dúbidas ao correo electrónico: anaalvarez@iesferrolvello.org
Estes son os instrumentos de avaliación e os criterios de cualificación para este curso.
Instrumentos de avaliación
*Probas escritas
- Realizaranse polo menos dúas probas escritas por avaliación.
A última proba escrita abarcará toda a materia dada durante a avaliación.
- En xuño os alumnos coa materia cualificada negativamente, menos de 5, terán a oportunidade de recuperar a materia cunha proba de mínimos de todo o curso.
- En setembro farase unha proba extraordinaria sobre mínimos.
*Traballo e actitude en clase: Será avaliado mediante estes instrumentos:
- Atención, participación e actitude positiva e colaborativa.
- Encerado Avaliarase o razoamento, o uso axeitado do vocabulario e a organización do traballo mediante a realización escrita no encerado e a explicación oral do proceso seguido.
- Caderno: Realización de tarefas en clase: avaliarase a realización das actividades propostas.
* Traballo na casa: Será avaliado mediante estes instrumentos:
- Presentación de dúbidas sobre tarefas que non se puideron resolver.
- Revisión do caderno para ver a presentación das tarefas de casa.
- Encerado: Utilizarase este instrumento para corrixir actividades feitas na casa co obxecto de comprobar que o alumno comprende ben o exercicio ou problema e que non se limitou a memorizalo. Avaliarase tamén o razoamento o uso axeitado do vocabulario e a organización do traballo mediante a realización escrita no encerado e a explicación oral do proceso seguido.
Criterios de cualificación
Tendo en conta o exposto ata agora sobre o proceso de ensino-aprendizaxe, o baremo proposto para cada avaliación é:
- Probas escritas: 90 %
- Outros instrumentos de avaliación 10%.:
*Traballo de Clase 5%
* Traballo na casa 5%
En cada avaliación a nota das probas escritas obterase sumando:
o 40% da nota media das probas parciais
co 60% da nota da última proba da avaliación.
A cualificación final na convocatoria ordinaria será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada avaliación, sempre que estean por enriba de 3. Se a media aritmética estivese por debaixo de 5, ou houbese algunha avaliación con cualificación inferior a 3, a/o alumna/o fará unha recuperación de toda a materia en xuño e a cualificación final será a nota da proba de mínimos de xuño puntuada sobre 10.
A cualificación na convocatoria extraordinaria será a obtida nunha proba escrita puntuada sobre 10.
Considerase superada a materia cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Le, escribe, compón e descompón números naturais, segundo as súas ordes de unidades utilizando as potencias de base 10. Aproxima números naturais por truncamento e por redondeo
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Resolve operacións, aplicando a xerarquía, nas que aplica as propiedades da suma, a multiplicación, a resta e a división de números naturais e aplícao para a resolución de problemas que reflicten situacións da vida cotiá.
Calcula o valor de potencias de números naturais.
B2-2.4. Realiza cálculos nos que interveñen potencias de expoñente natural e aplica as regras básicas das operacións con potencias.
Realiza correctamente operacións con produto e cociente de potencias da mesma base; potencias de expoñente 1 e 0; potencia dunha potencia; potencia dun produto e dun cociente, aplicando as regras básicas e expresando o resultado como unha soa potencia.
Calcula correctamente a raíz cadrada exacta de cadrados perfectos.
B2-3.1. Realiza operacións combinadas entre números enteiros, decimais e fraccionarios, con eficacia, ben mediante o cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora ou medios tecnolóxicos utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.
Resolve correctamente operacións combinadas con sumas, restas, multiplicacións e divisións de números naturais, e con paréntese.
Realiza correctamente operacións combinadas con potencias, raíces sumas, restas, multiplicacións e divisións de números naturais, e con paréntese.
Utiliza correctamente a calculadora para resolver potencias e raíces cadradas sinxelas.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
Resolve problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
B2-2.2. Aplica os criterios de divisibilidade por 2, 3, 5, 9 e 11 para descompoñer en factores primos números naturais e emprégaos en exercicios, actividades e problemas contextualizados.
Descompón números en factores primos, aplicando os criterios de divisibilidade; aplícaos na práctica.
B2-2.3. Identifica e calcula o máximo común divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis números naturais mediante o algoritmo axeitado e aplícao problemas contextualizados.
Realiza cálculos relativos ao máximo común divisor e ao mínimo común múltiplo, aplicándoos á resolución de problemas.
B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.
Resolve cálculos con números naturais,da forma máis adecuada, en función do caso e das necesidades, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números enteiros para representar a información de forma correcta.
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Resolve cálculos con números enteiros mediante as operacións elementais aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada os números enteiros e as súas operacións.
B2-2.5. Calcula e interpreta axeitadamente o oposto e o valor absoluto dun número enteiro comprendendo o seu significado e contextualizándolo en problemas da vida real.
Identifica o valor dun número, o do seu oposto e o valor absoluto, comprendendo o seu significado e aplicándoo correctamente na resolución de operacións e problemas.
B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.
Resolve cálculos con números enteiros da forma máis adecuada, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números racionais para representar a información de forma correcta.
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Resolve cálculos con números racionais mediante as operacións elementais aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada as fraccións e as súas operacións.
B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
Identifica propiedades dos números racionais utilízaas en contextos de operacións elementais.
B2-2.3. Identifica e calcula o máximo común divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis números naturais mediante o algoritmo axeitado e aplícao problemas contextualizados.
Utiliza o máximo común divisor para simplificar fraccións, e o mínimo común múltiplo para reducir fraccións a común denominador.
B2-2.4. Realiza cálculos nos que interveñen potencias de expoñente natural e aplica as regras básicas das operacións con potencias.
Aplica as regras básicas das operacións con potencias para resolver exercicios de cálculo con fraccións e potencias de expoñente natural.
B2-2.7. Realiza operacións de conversión entre números decimais e fraccionarios, acha fraccións equivalentes e simplifica fraccións, para aplicalo na resolución de problemas.
Calcula fraccións equivalentes e simplifícaas, aplicando á resolución de problemas os cálculos correspondentes.
B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.
Resolve cálculos e exercicios con números racionais da forma máis adecuada, en función do caso e das necesidades, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números decimais para representar a información de forma correcta.
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Identifica as cifras dos números decimais co seu valor na realidade; escríbeas correctamente; realiza os cálculos formulados e reflicte o resultado con precisión.
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada os números decimais e as súas operacións.
B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
Identifica propiedades dos números decimais en contextos de operacións elementais e resolve as actividades relacionadas coa súa aplicación.
B2-2.6. Realiza operacións de redondeo e truncamento de números decimais coñecendo o grao de aproximación e aplícao a casos concretos.
Efectúa o redondeo e o truncamento de números decimais en función do grao de aproximación correspondente e aplica os resultados.
B2-2.7. Realiza operacións de conversión entre números decimais e fraccionarios, acha fraccións equivalentes e simplifica fraccións, para aplicalo na resolución de problemas.
Establece a equivalencia entre números decimais e fraccionarios; calcula fraccións equivalentes e Simplifícaas, aplicando os resultados de forma precisa.
B2-3.1. Realiza operacións combinadas entre números enteiros, decimais e fraccionarios, con eficacia, ben mediante o cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora ou medios tecnolóxicos utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.
Resolve operacións combinadas con números decimais , utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-6.1. Describe situacións ou enunciados que dependen de cantidades variables ou descoñecidas e secuencias lóxicas ou regularidades, mediante expresións alxébricas, e opera con elas.
Interpreta e traduce enunciados e resolve os cálculos correspondentes con expresións alxébricas.
B2-6.2. Identifica propiedades e leis xerais a partir do estudio de procesos numéricos recorrentes ou cambiantes, Exprésaas mediante a linguaxe alxébrica e Utilízaas para facer predicións.
Aplica as propiedades e leis xerais á resolución de operacións con expresións alxébricas.
B2-7.1. Comproba, dada unha ecuación , se un número é solución desta.
Comproba a solución dunha ecuación, mediante o cálculo do valor numérico.
B2-7.2. Formula alxebricamente unha situación da vida real mediante ecuacións de primeiro grao, resólveas e interpreta o resultado obtido.
Resolve problemas da vida real mediante ecuacións de primeiro grao.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada os números e as súas operacións.
B2-5.1. Identifica e discrimina relacións de proporcionalidade numérica (como o factor de conversión ou cálculo de porcentaxes) e Emprégaas para resolver problemas en situacións cotiás.
Identifica, discrimina e utiliza relacións de proporcionalidade, desenvolvendo estratexias para representar e interpretar os datos; Emprégaas para resolver problemas en situacións cotiás e expresa os resultados de forma clara e coherente.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-1.1. Recoñece e describe as propiedades características dos polígonos regulares: ángulos interiores, ángulos centrais, diagonais, apotema, simetrías, etc.
B3-2.1. Resolve problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas e as técnicas xeométricas máis apropiadas.
Identifica e describe os elementos dos polígonos, partindo da identificación e as propiedades xenerais das rectas, semirrectas, segmentos e as súas mediatrices, e ángulos e as súas bisectrices; ten en conta as propiedades dos puntos da mediatriz dun segmento e da bisectriz dun ángulo; realiza os cálculos no sistema sesaxesimal.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real; exponos e resólveos da forma máis adecuada.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-1.1. Recoñece e describe as propiedades características dos polígonos regulares: ángulos interiores, ángulos centrais, diagonais, apotema, simetrías, etc.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos polígonos regulares, ángulos interiores, ángulos centrais, diagonais, apotema, simetrías, etc., tendo en conta as súas características e aplicando as súas propiedades.
B3-1.2. Define os elementos característicos dos triángulos, trazando os mesmos e coñecendo a propiedade común a cada un deles, e clasifícaos atendendo tanto aos seus lados coma aos seus ángulos.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos triángulos: altura, medianas, mediatrices, bisectrices, e aplica as súas propiedades; clasifícaos atendendo tanto aos seus lados coma aos seus ángulos.
B3-1.3. Clasifica os cuadriláteros e paralelogramos atendendo ao paralelismo entre os seus lados opostos e coñecendo as súas propiedades referentes a ángulos, lados e diagonais.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos cuadriláteros e aplica as súas propiedades, tendo en conta as súas características e clasificando os cuadriláteros segundo o paralelismo, ángulos, lados e diagonais.
B3-1.4. Identifica as propiedades xeométricas que caracterizan os puntos da circunferencia e o círculo.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais da circunferencia e o círculo, e aplicando as propiedades xeométricas dos puntos da circunferencia e o círculo.
B3-2.1. Resolve problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas e as técnicas xeométricas máis apropiadas.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-3.1. Comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras e utilízaos para a busca de ternas pitagóricas ou a comprobación do teorema construíndo outros polígonos sobre os lados do triángulo rectángulo.
Resolve exercicios e problemas relacionados co Teorema de Pitágoras e expresa os resultados de forma coherente.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-1.3. Clasifica os cuadriláteros e paralelogramos atendendo ao paralelismo entre os seus lados opostos e coñecendo as súas propiedades referentes a ángulos, lados e diagonais.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos cuadriláteros e aplica as súas propiedades, tendo en conta as súas características e clasificando os cuadriláteros en paralelogramos e non paralelogramos.
B3-1.4. Identifica as propiedades xeométricas que caracterizan os puntos da circunferencia e o círculo.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais da circunferencia e o círculo, tendo en conta as súas características e aplicando as propiedades xeométricas dos puntos da circunferencia e o círculo.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-2.1. Resolve problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas e as técnicas xeométricas máis apropiadas.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-2.2. Calcula a lonxitude da circunferencia, a área do círculo, a lonxitude dun arco e a área dun sector circular, e Aplícaas para resolver problemas xeométricos.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados coa lonxitude da circunferencia, a área do círculo, a lonxitude dun arco e a área dun sector circular, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-3.1. Comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras e utilízaos para a busca de ternas pitagóricas ou a comprobación do teorema construíndo outros polígonos sobre os lados do triángulo rectángulo.
Identifica e comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras; resolve exercicios e problemas relacionados con el e expresa os resultados de forma coherente.
B3-3.2. Aplica o teorema de Pitágoras para calcular lonxitudes descoñecidas na resolución de triángulos e áreas de polígonos regulares, en contextos xeométricos ou en contextos reais.
Interpreta os datos coñecidos e identifica os descoñecidos en contextos xeométricos ou en contextos reais; calcula as lonxitudes descoñecidas na resolución de triángulos e en áreas de polígonos regulares, aplicando o teorema de Pitágoras.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
MAB3.3.1. Analiza e identifica as características de corpos xeométricos utilizando a linguaxe xeométrica axeitada.
Acha áreas e volumes de prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas. Recoñece os corpos xeométricos regulares, e acha as súas áreas.
MAB3.3.2. Constrúe seccións sinxelas dos corpos xeométricos, a partir de cortes con planos, mentalmente e utilizando os medios tecnolóxicos axeitados.
Identifica seccións sinxelas dos corpos xeométricos a partir de cortes con planos
MAB3.3.3. Identifica os corpos xeométricos a partir dos seus desenvolvementos planos e reciprocamente.
Obtén os corpos xeométricos a partir dos seus desenvolvementos planos.
MAB3.4.1. Resolve problemas da realidade mediante o cálculo de áreas e volumes de corpos xeométricos, utilizando as linguaxes xeométrica e alxébrica axeitadas.
Resolve problemas relacionados coa área ou o volume de corpos xeométricos empregando diversas ferramentas (cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora) dependendo da necesidade do exercicio.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números para representar a información de forma correcta.
B2-2.5. Calcula e interpreta axeitadamente o oposto e o valor absoluto dun número enteiro comprendendo o seu significado e contextualizándolo en problemas da vida real.
Identifica o valor dun número, o do seu oposto e o valor absoluto, comprendendo o seu significado e aplicándoo correctamente na resolución de operacións e problemas.
B4-1.1. Localiza puntos no plano a partir das súas coordenadas e nomea puntos do plano escribindo as súas coordenadas.
Identifica, representa e nomea distintos puntos no plano a partir das súas coordenadas.
B4-2.1. Pasa dunhas formas de representación dunha función a outras e elixe a máis adecuada en función do contexto.
Representa funcións da forma máis adecuada, en función do contexto e do exercicio ou o problema formulados; pasando dunha forma de representación a outra cando é conveniente.
B4-3.2. Interpreta unha gráfica e Analízaa, recoñecendo as súas propiedades máis características.
Interpreta unha gráfica, analízaa e describe as súas características .
B4-4.1. Recoñece e representa unha función lineal a partir da ecuación ou dunha táboa de valores, e obtén a pendente da recta correspondente.
Interpreta e representa unha función lineal a partir da ecuación ou dunha táboa de valores, explicando cáles son as características da gráfica.
B4-4.4. Estuda situacións reais sinxelas e, apoiándose en recursos tecnolóxicos, identifica o modelo matemático funcional (lineal ou afín) máis axeitado para explicalas e realiza predicións e simulacións sobre o seu comportamento.
Realiza representacións gráficas de situacións reais sinxelas, mediante o modelo gráfico máis axeitado; analízaas e explícaas de forma lóxica e coherente.
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B5-1.1. Define poboación, mostra e individuo dende o punto de vista da estatística, e aplícaos a casos concretos.
Identifica e define poboación, mostra e individuo dende o punto de vista da estatística, e aplícaos a casos concretos.
B5-1.2. Recoñece e propón exemplos de distintos tipos de variables estatísticas, tanto cualitativas como cuantitativas.
Identifica e pon exemplos de variables estatísticas cualitativas e cuantitativas.
B5-1.3. Organiza datos, obtidos dunha poboación, de variables cualitativas ou cuantitativas en táboas, calcula as súas frecuencias absolutas e relativas, e represéntaos graficamente.
Organiza en táboas, de variables cualitativas ou cuantitativas, os datos obtidos dunha poboación; calcula as súas frecuencias absolutas e relativas, e represéntaos graficamente.
B5-1.4. Calcula a media aritmética, a mediana (intervalo mediano), a moda (intervalo modal), e o rango, e emprégaos para resolver problemas.
Resolve exercicios e problemas estatísticos, calculando a media aritmética, a mediana, a moda, e o rango.
B5-1.5. Interpreta gráficos estatísticos sinxelos recollidos en medios de comunicación.
Analiza distintos tipos de gráficos estatísticos sinxelos recollidos en medios de comunicación e expón o seu significado, argumentándoo.
B5-2.1. Emprega a calculadora e ferramentas tecnolóxicas para organizar datos, xerar gráficos estatísticos e calcular as medidas de tendencia central e o rango de variables estatísticas cuantitativas.
Utiliza ferramentas tecnolóxicas, busca en Internet e interpreta datos estatísticos, realiza os cálculos axeitados, axudándose da calculadora e representándoos correctamente.
MAB5.2.2. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para comunicar información resumida e relevante sobre unha variable estatística analizada.
Utiliza as TICs para comunicar as características dunha variable estatística
MAB5.3.1. Identifica os experimentos aleatorios e distíngueos dos deterministas.
Dado un experimento, identifícao como aleatorio ou determinista.
MAB5.3.2. Calcula a frecuencia relativa dun suceso mediante a experimentación.
Dada a frecuencia absoluta, calcula a frecuencia relativa.
MAB5.3.3. Realiza predicións sobre un fenómeno aleatorio a partir do cálculo exacto da súa probabilidade ou a aproximación desta mediante a experimentación.
Calcula a probabilidade dun suceso a partir da frecuencia relativa
MAB5.4.1. Describe experimentos aleatorios sinxelos e enumera todos os resultados posibles, apoiándose en táboas, recontos ou diagramas en árbore sinxelos.
Enumera os resultados posibles dun experimento aleatorio
MAB5.4.2. Distingue entre sucesos elementais equiprobables e non equiprobables.
Distingue se os sucesos elementais de certos experimentos aleatorios son equiprobables ou non.
MAB5.4.3. Calcula a probabilidade de sucesos asociados a experimentos sinxelos mediante a regra de Laplace, e Exprésaa en forma de fracción e como porcentaxe.
Utiliza a regra de Laplace para calcular probabilidades e expéndea a porcentaxes