Section outline

  • Estándares de aprendizaxe

    Grao mínimo de consecución para superar a materia

    B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.

    Le, escribe, compón e descompón números naturais, segundo as súas ordes de unidades utilizando as potencias de base 10. Aproxima números naturais por truncamento e por redondeo

     

    B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.

    Resolve operacións, aplicando a xerarquía, nas que aplica as propiedades da suma, a multiplicación, a resta e a división de números naturais e aplícao para a resolución de problemas que reflicten situacións da vida cotiá.

    Calcula o valor de potencias de números naturais.

     

    B2-2.4. Realiza cálculos nos que interveñen potencias de expoñente natural e aplica as regras básicas das operacións con potencias.

    Realiza correctamente operacións con produto e cociente de potencias da mesma base; potencias de expoñente 1 e 0; potencia dunha potencia; potencia dun produto e dun cociente, aplicando as regras básicas e expresando o resultado como unha soa potencia.

    Calcula correctamente a raíz cadrada exacta de cadrados perfectos.

    B2-3.1. Realiza operacións combinadas entre números enteiros, decimais e fraccionarios, con eficacia, ben mediante o cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora ou medios tecnolóxicos utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.

    Resolve correctamente operacións combinadas con sumas, restas, multiplicacións e divisións de números naturais, e con paréntese.

    Realiza correctamente operacións combinadas con potencias, raíces sumas, restas, multiplicacións e divisións de números naturais, e con paréntese.

    Utiliza correctamente a calculadora para resolver potencias e raíces cadradas sinxelas.