Section outline

  • Estándares de aprendizaxe

    Grao mínimo de consecución para superar a materia

    B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.

    Resolve problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.

    B2-2.2. Aplica os criterios de divisibilidade por 2, 3, 5, 9 e 11 para descompoñer en factores primos números naturais e emprégaos en exercicios, actividades e problemas contextualizados.

    Descompón números en factores primos, aplicando os criterios de divisibilidade; aplícaos na práctica.

    B2-2.3. Identifica e calcula o máximo común divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis números naturais mediante o algoritmo axeitado e aplícao problemas contextualizados.

    Realiza cálculos relativos ao máximo común divisor e ao mínimo común múltiplo, aplicándoos á resolución de problemas.

    B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.

    Resolve cálculos con números naturais,da forma máis adecuada, en función do caso e das necesidades, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.