Section outline

  • Estándares de aprendizaxe

    Grao mínimo de consecución para superar a materia

    B3-1.3. Clasifica os cuadriláteros e paralelogramos atendendo ao paralelismo entre os seus lados opostos e coñecendo as súas propiedades referentes a ángulos, lados e diagonais.

    Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos cuadriláteros e aplica as súas propiedades, tendo en conta as súas características e clasificando os cuadriláteros en paralelogramos e non paralelogramos.

    B3-1.4. Identifica as propiedades xeométricas que caracterizan os puntos da circunferencia e o círculo.

    Identifica, representa e describe os elementos fundamentais da circunferencia e o círculo, tendo en conta as súas características e aplicando as propiedades xeométricas dos puntos da circunferencia e o círculo.