Section outline

  • Aula virtual para exercicios de repaso e consulta de dúbidas ao correo electrónico: anaalvarez@iesferrolvello.org

    Estes son os instrumentos de avaliación e os criterios de cualificación para este curso.

    Instrumentos de avaliación

    *Probas escritas

    • Realizaranse polo menos dúas probas escritas por avaliación.

    A última proba escrita abarcará toda a materia dada durante a avaliación.

    • En xuño os alumnos coa materia cualificada negativamente, menos de 5, terán a oportunidade de recuperar a materia cunha proba de mínimos de todo o curso.
    • En setembro farase unha proba extraordinaria sobre mínimos.

     

    *Traballo e actitude en clase: Será avaliado mediante estes instrumentos:

     

    • Atención, participación e actitude positiva e colaborativa.

     

    • Encerado Avaliarase o razoamento, o uso axeitado do vocabulario e a organización do traballo mediante a realización escrita no encerado e a explicación oral do proceso seguido.
    • Caderno: Realización de tarefas en clase: avaliarase a realización das actividades propostas.

     

    * Traballo na casa:  Será avaliado mediante estes instrumentos:

    • Presentación de dúbidas sobre tarefas que non se puideron resolver.
    • Revisión do caderno para ver a presentación das tarefas de casa.
    • Encerado: Utilizarase este instrumento para corrixir actividades feitas na casa co obxecto de comprobar que o alumno comprende ben o exercicio ou problema e que non se limitou a memorizalo. Avaliarase tamén o razoamento o uso axeitado do vocabulario e a organización do traballo mediante a realización escrita no encerado e a explicación oral do proceso seguido.

     

    Criterios  de cualificación

    Tendo en conta o exposto ata agora sobre o  proceso de ensino-aprendizaxe, o baremo proposto para cada avaliación é:

    • Probas escritas: 90 %
    • Outros instrumentos de avaliación 10%.:

                      *Traballo de Clase 5%

                      * Traballo na casa 5%

     

    En cada avaliación a nota das probas escritas obterase sumando:

            o 40% da nota media das probas parciais

            co 60% da nota da última proba  da avaliación.

     

    A cualificación final na convocatoria ordinaria será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada avaliación, sempre que estean por enriba de 3. Se a media aritmética estivese por debaixo de 5, ou houbese algunha avaliación con cualificación inferior a 3, a/o alumna/o fará unha recuperación de toda a materia en xuño e a cualificación final será a nota da proba de mínimos de xuño puntuada sobre 10.

    A cualificación na convocatoria extraordinaria será a obtida nunha proba escrita puntuada sobre 10.

    Considerase superada a materia cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5.