UNIDADE 12. Corpos Xeométricos
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
MAB3.3.1. Analiza e identifica as características de corpos xeométricos utilizando a linguaxe xeométrica axeitada.
Acha áreas e volumes de prismas, pirámides, cilindros, conos e esferas. Recoñece os corpos xeométricos regulares, e acha as súas áreas.
MAB3.3.2. Constrúe seccións sinxelas dos corpos xeométricos, a partir de cortes con planos, mentalmente e utilizando os medios tecnolóxicos axeitados.
Identifica seccións sinxelas dos corpos xeométricos a partir de cortes con planos
MAB3.3.3. Identifica os corpos xeométricos a partir dos seus desenvolvementos planos e reciprocamente.
Obtén os corpos xeométricos a partir dos seus desenvolvementos planos.
MAB3.4.1. Resolve problemas da realidade mediante o cálculo de áreas e volumes de corpos xeométricos, utilizando as linguaxes xeométrica e alxébrica axeitadas.
Resolve problemas relacionados coa área ou o volume de corpos xeométricos empregando diversas ferramentas (cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora) dependendo da necesidade do exercicio.