UNIDADE 11. Perímetros e áreas
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-2.1. Resolve problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas e as técnicas xeométricas máis apropiadas.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-2.2. Calcula a lonxitude da circunferencia, a área do círculo, a lonxitude dun arco e a área dun sector circular, e Aplícaas para resolver problemas xeométricos.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados coa lonxitude da circunferencia, a área do círculo, a lonxitude dun arco e a área dun sector circular, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-3.1. Comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras e utilízaos para a busca de ternas pitagóricas ou a comprobación do teorema construíndo outros polígonos sobre os lados do triángulo rectángulo.
Identifica e comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras; resolve exercicios e problemas relacionados con el e expresa os resultados de forma coherente.
B3-3.2. Aplica o teorema de Pitágoras para calcular lonxitudes descoñecidas na resolución de triángulos e áreas de polígonos regulares, en contextos xeométricos ou en contextos reais.
Interpreta os datos coñecidos e identifica os descoñecidos en contextos xeométricos ou en contextos reais; calcula as lonxitudes descoñecidas na resolución de triángulos e en áreas de polígonos regulares, aplicando o teorema de Pitágoras.