UNIDADE 5. Decimais
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números decimais para representar a información de forma correcta.
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Identifica as cifras dos números decimais co seu valor na realidade; escríbeas correctamente; realiza os cálculos formulados e reflicte o resultado con precisión.
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada os números decimais e as súas operacións.
B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
Identifica propiedades dos números decimais en contextos de operacións elementais e resolve as actividades relacionadas coa súa aplicación.
B2-2.6. Realiza operacións de redondeo e truncamento de números decimais coñecendo o grao de aproximación e aplícao a casos concretos.
Efectúa o redondeo e o truncamento de números decimais en función do grao de aproximación correspondente e aplica os resultados.
B2-2.7. Realiza operacións de conversión entre números decimais e fraccionarios, acha fraccións equivalentes e simplifica fraccións, para aplicalo na resolución de problemas.
Establece a equivalencia entre números decimais e fraccionarios; calcula fraccións equivalentes e Simplifícaas, aplicando os resultados de forma precisa.
B2-3.1. Realiza operacións combinadas entre números enteiros, decimais e fraccionarios, con eficacia, ben mediante o cálculo mental, algoritmos de lapis e papel, calculadora ou medios tecnolóxicos utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.
Resolve operacións combinadas con números decimais , utilizando a notación máis axeitada e respectando a xerarquía das operacións.