UNIDADE 4. Fraccións
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números racionais para representar a información de forma correcta.
B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
Resolve cálculos con números racionais mediante as operacións elementais aplicando correctamente a xerarquía das operacións.
B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.
Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada as fraccións e as súas operacións.
B2-2.1. Recoñece novos significados e propiedades dos números en contextos de resolución de problemas sobre paridade, divisibilidade e operacións elementais.
Identifica propiedades dos números racionais utilízaas en contextos de operacións elementais.
B2-2.3. Identifica e calcula o máximo común divisor e o mínimo común múltiplo de dous ou máis números naturais mediante o algoritmo axeitado e aplícao problemas contextualizados.
Utiliza o máximo común divisor para simplificar fraccións, e o mínimo común múltiplo para reducir fraccións a común denominador.
B2-2.4. Realiza cálculos nos que interveñen potencias de expoñente natural e aplica as regras básicas das operacións con potencias.
Aplica as regras básicas das operacións con potencias para resolver exercicios de cálculo con fraccións e potencias de expoñente natural.
B2-2.7. Realiza operacións de conversión entre números decimais e fraccionarios, acha fraccións equivalentes e simplifica fraccións, para aplicalo na resolución de problemas.
Calcula fraccións equivalentes e simplifícaas, aplicando á resolución de problemas os cálculos correspondentes.
B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.
Resolve cálculos e exercicios con números racionais da forma máis adecuada, en función do caso e das necesidades, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.