UNIDADE 13. Funcións e gráficas
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.
Identifica e utiliza os números para representar a información de forma correcta.
B2-2.5. Calcula e interpreta axeitadamente o oposto e o valor absoluto dun número enteiro comprendendo o seu significado e contextualizándolo en problemas da vida real.
Identifica o valor dun número, o do seu oposto e o valor absoluto, comprendendo o seu significado e aplicándoo correctamente na resolución de operacións e problemas.
B4-1.1. Localiza puntos no plano a partir das súas coordenadas e nomea puntos do plano escribindo as súas coordenadas.
Identifica, representa e nomea distintos puntos no plano a partir das súas coordenadas.
B4-2.1. Pasa dunhas formas de representación dunha función a outras e elixe a máis adecuada en función do contexto.
Representa funcións da forma máis adecuada, en función do contexto e do exercicio ou o problema formulados; pasando dunha forma de representación a outra cando é conveniente.
B4-3.2. Interpreta unha gráfica e Analízaa, recoñecendo as súas propiedades máis características.
Interpreta unha gráfica, analízaa e describe as súas características .
B4-4.1. Recoñece e representa unha función lineal a partir da ecuación ou dunha táboa de valores, e obtén a pendente da recta correspondente.
Interpreta e representa unha función lineal a partir da ecuación ou dunha táboa de valores, explicando cáles son as características da gráfica.
B4-4.4. Estuda situacións reais sinxelas e, apoiándose en recursos tecnolóxicos, identifica o modelo matemático funcional (lineal ou afín) máis axeitado para explicalas e realiza predicións e simulacións sobre o seu comportamento.
Realiza representacións gráficas de situacións reais sinxelas, mediante o modelo gráfico máis axeitado; analízaas e explícaas de forma lóxica e coherente.