Section outline

  • Estándares de aprendizaxe

    Grao mínimo de consecución para superar a materia

    B5-1.1. Define poboación, mostra e individuo dende o punto de vista da estatística, e aplícaos a casos concretos.

    Identifica e define poboación, mostra e individuo dende o punto de vista da estatística, e aplícaos a casos concretos.

    B5-1.2. Recoñece e propón exemplos de distintos tipos de variables estatísticas, tanto cualitativas como cuantitativas.

    Identifica e pon exemplos de variables estatísticas cualitativas e cuantitativas.

    B5-1.3. Organiza datos, obtidos dunha poboación, de variables cualitativas ou cuantitativas en táboas, calcula as súas frecuencias absolutas e relativas, e represéntaos graficamente.

    Organiza en táboas, de variables cualitativas ou cuantitativas, os datos obtidos dunha poboación; calcula as súas frecuencias absolutas e relativas, e represéntaos graficamente.

    B5-1.4. Calcula a media aritmética, a mediana (intervalo mediano), a moda (intervalo modal), e o rango, e emprégaos para resolver problemas.

    Resolve exercicios e problemas estatísticos, calculando a media aritmética, a mediana, a moda, e o rango.

    B5-1.5. Interpreta gráficos estatísticos sinxelos recollidos en medios de comunicación.

    Analiza distintos tipos de gráficos estatísticos sinxelos recollidos en medios de comunicación e expón o seu significado, argumentándoo.

    B5-2.1. Emprega a calculadora e ferramentas tecnolóxicas para organizar datos, xerar gráficos estatísticos e calcular as medidas de tendencia central e o rango de variables estatísticas cuantitativas.

    Utiliza ferramentas tecnolóxicas, busca en Internet e interpreta datos estatísticos, realiza os cálculos axeitados, axudándose da calculadora e representándoos correctamente.

    MAB5.2.2. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para comunicar información resumida e relevante sobre unha variable estatística analizada.

    Utiliza as TICs para comunicar as características dunha variable estatística

    MAB5.3.1. Identifica os experimentos aleatorios e distíngueos dos deterministas.

    Dado un experimento, identifícao como aleatorio ou determinista.

    MAB5.3.2. Calcula a frecuencia relativa dun suceso mediante a experimentación.

    Dada a frecuencia absoluta, calcula a frecuencia relativa.

    MAB5.3.3. Realiza predicións sobre un fenómeno aleatorio a partir do cálculo exacto da súa probabilidade ou a aproximación desta mediante a experimentación.

    Calcula a probabilidade dun suceso a partir da frecuencia relativa

    MAB5.4.1. Describe experimentos aleatorios sinxelos e enumera todos os resultados posibles, apoiándose en táboas, recontos ou diagramas en árbore sinxelos.

    Enumera os resultados posibles dun experimento aleatorio

    MAB5.4.2. Distingue entre sucesos elementais equiprobables e non equiprobables.

    Distingue se os sucesos elementais de certos experimentos aleatorios son equiprobables ou non.

    MAB5.4.3. Calcula a probabilidade de sucesos asociados a experimentos sinxelos mediante a regra de Laplace, e Exprésaa en forma de fracción e como porcentaxe.

    Utiliza a regra de Laplace para calcular probabilidades e expéndea a porcentaxes