Section outline

  • Estándares de aprendizaxe

    Grao mínimo de consecución para superar a materia

    B2-1.1. Identifica os distintos tipos de números (naturais, enteiros, fraccionarios e decimais) e utilízaos para representar, ordenar e interpretar axeitadamente a información cuantitativa.

    Identifica e utiliza os números enteiros para representar a información de forma correcta.

    B2-1.2. Calcula o valor de expresións numéricas de distintos tipos de números mediante as operacións elementais e as potencias de expoñente natural aplicando correctamente a xerarquía das operacións.

    Resolve cálculos con números enteiros mediante as operacións elementais aplicando correctamente a xerarquía das operacións.

    B2-1.3. Emprega axeitadamente os distintos tipos de números e as súas operacións, para resolver problemas cotiáns contextualizados, representando e interpretando mediante medios tecnolóxicos, cando sexa necesario, os resultados obtidos.

    Resolve problemas relacionados coa vida cotiá, empregando de forma axeitada os números enteiros e as súas operacións.

    B2-2.5. Calcula e interpreta axeitadamente o oposto e o valor absoluto dun número enteiro comprendendo o seu significado e contextualizándolo en problemas da vida real.

    Identifica o valor dun número, o do seu oposto e o valor absoluto, comprendendo o seu significado e aplicándoo correctamente na resolución de operacións e problemas.

    B2-4.2. Realiza cálculos con números naturais, enteiros, fraccionarios e decimais decidindo a forma máis axeitada (mental, escrita ou con calculadora), coherente e precisa.

    Resolve cálculos con números enteiros da forma máis adecuada, e expresa os resultados de forma coherente e precisa.