UNIDADE 9. Polígonos. Triángulos
Section outline
-
Estándares de aprendizaxe
Grao mínimo de consecución para superar a materia
B3-1.1. Recoñece e describe as propiedades características dos polígonos regulares: ángulos interiores, ángulos centrais, diagonais, apotema, simetrías, etc.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos polígonos regulares, ángulos interiores, ángulos centrais, diagonais, apotema, simetrías, etc., tendo en conta as súas características e aplicando as súas propiedades.
B3-1.2. Define os elementos característicos dos triángulos, trazando os mesmos e coñecendo a propiedade común a cada un deles, e clasifícaos atendendo tanto aos seus lados coma aos seus ángulos.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos triángulos: altura, medianas, mediatrices, bisectrices, e aplica as súas propiedades; clasifícaos atendendo tanto aos seus lados coma aos seus ángulos.
B3-1.3. Clasifica os cuadriláteros e paralelogramos atendendo ao paralelismo entre os seus lados opostos e coñecendo as súas propiedades referentes a ángulos, lados e diagonais.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais dos cuadriláteros e aplica as súas propiedades, tendo en conta as súas características e clasificando os cuadriláteros segundo o paralelismo, ángulos, lados e diagonais.
B3-1.4. Identifica as propiedades xeométricas que caracterizan os puntos da circunferencia e o círculo.
Identifica, representa e describe os elementos fundamentais da circunferencia e o círculo, e aplicando as propiedades xeométricas dos puntos da circunferencia e o círculo.
B3-2.1. Resolve problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real, utilizando as ferramentas tecnolóxicas e as técnicas xeométricas máis apropiadas.
Comprende os significados aritmético e xeométrico de problemas relacionados con distancias, perímetros, superficies e ángulos de figuras planas, en contextos da vida real; formúlaos e resólveos da forma máis axeitada.
B3-3.1. Comprende os significados aritmético e xeométrico do Teorema de Pitágoras e utilízaos para a busca de ternas pitagóricas ou a comprobación do teorema construíndo outros polígonos sobre os lados do triángulo rectángulo.
Resolve exercicios e problemas relacionados co Teorema de Pitágoras e expresa os resultados de forma coherente.