Saltar navegación

Vídeo interactivo

Este iDevice permite incorporar un vídeo ao noso recurso (desde o noso computador ou a través dunha URL) e introducir distintos tipos de preguntas ao longo do mesmo, pausando a reprodución ata que o usuario conteste ou continúe.

Ao seleccionar o iDevice “Vídeo interactivo“ da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

Configuración general del iDevice
Edición iDevice Vídeo Interactivo

Trátase dun iDevice moi completo e potente. Se se ten marcada a casa "Modo avanzado", o iDevice, en modo edición, terá dúas pestanas. Se non, as pestanas non se verán, e mostrarase unicamente o contido da primeira.

Vexamos cal é o contido destas pestanas no iDevice Vídeo interactivo:

Axustes xerais

Neste apartado teremos que escoller a fonte do vídeo podendo elixir entre tres opcións posibles: Ficheiro local, Youtube ou Mediateca de EducaMadrid.

Unha vez seleccionada a fonte do vídeo indicarásenos que xa podemos abrir o editor de vídeo para xerar interacción co mesmo. No caso dos ficheiros locais, será necesario gardar o iDevice primeiro, para logo editalo. Desta maneira asegurámonos de que o vídeo se inclúa no . elp. En calquera caso, o iDevice proporciona as instrucións necesarias. Seleccionando (ou seleccionado e subido o vídeo, no caso dun ficheiro local), poderemos empezar a engadir interactividade:

Aviso mostrado por el iDevice

Mostrar a puntuación: opción que permite determinar se se quere mostrar ao usuario a puntuación obtida durante a reprodución e resposta ás preguntas e/ou actividades realizadas durante o vídeo interactivo.

Resultado de la puntuación obtenida
Resultado da puntuación obtida (opcional)

Axustes de idioma

Neste apartado, que só vemos se temos marcado o Modo avanzado, poderemos personalizar os textos predeterminados que compoñen o iDevice.

Ajustes de idioma
Ajustes de idioma - iDevice Vídeo Interactivo

O editor de vídeo

Unha vez configurada a fonte do vídeo sobre o cal queremos engadir interactividade, abrimos o editor de vídeo, que ten o seguinte aspecto:

Editor de vídeo
Editor de vídeo

Nel atopamos dúas seccións de opcións. Na parte superior dereita temos as opcións de gardar e saír da edición, e debaixo, á dereita do vídeo preséntanse as seguintes opcións:

Axuda: mostra unha breve información con cada unha das opcións do editor.

Sección de ayuda
Sección de ayuda

Crear unha portada:permite establecer un título e unha pequena introdución que servirá de portada para o vídeo.

Edición de la portada
Edición de la portada

Crear un fotograma: permite introducir un fotograma de forma paralela ao vídeo para mostrar información ou xerar unha actividade para o usuario.

Creación de un fotograma
Creación de un fotograma

A ferramenta é moi versátil e permite crear fotogramas de 8 tipos diferentes:

Texto

Fotograma de Texto
Fotograma de Texto

Na parte superior dereita temos un botón de axuda que nos indica:

  • Indique en que segundo débese mostrar o fotograma (Inicio)
  • Se non quere que o vídeo se deteña, indique cando se debe ocultar o fotograma (Fin)
  • Pulse en Segundo del fotograma actual para obter o segundo actual
  • Texto: Escriba un texto. Pode engadir listas, ligazóns...

Nota: A configuración temporal é similar no resto de categorías de fotograma, salvo naqueles onde se requira acción por parte do usuario, onde a opción de deter o vídeo será de carácter obrigatorio.

Imaxe

Fotograma de Imagen
Fotograma de Imagen

Moi similar ao de tipo texto en canto a funcionamento, pero unicamente permitiranos introducir unha imaxe, que se mostrará no momento especificado. O usuario final verá a imaxe e poderá abrila nunha xanela nova do seu navegador.

Resposta única

Fotograma de Respuesta Única
Fotograma de Resposta Única

Resposta múltiple

Fotograma de Respuesta Múltiple
Fotograma de Resposta Múltiple

Encher ocos

Fotograma de Rellenar Huecos
Fotograma de Encher ocos

Actividade despregable

Fotograma de Actividad Desplegable
Fotograma de Actividade Despregable

Emparellar elementos

Fotograma de Emparejar Elementos
Fotograma de Emparellar Elementos

Lista desordenada

Fotograma de Lista Desordenada
Fotograma de Lista Desordenada

Exemplo de vídeo interactivo

com/watch?v=v_rGjOBtvhI

Practica eXe: crear vídeo interactivo

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Abre o arquivo omeuarquivo2. elp que creaches na actividade anterior (podes facer dobre clic sobre el)
  2. Crea un iDevice "Vídeo interactivo" no nodo "Preguntas".
  3. Modifica o título Crea polo menos a portada, unha pregunta e insere unha imaxe.
  4. Unha vez terminado, feixe clic no botón dereito para ver o resultado.
  5. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)

Se tes algunha dúbida podes consultar o seguinte vídeo:

CeDeC. Crear un iDevice Vídeo interactivo en eXeLearning (CC BY)