Saltar navegación

Cuestionario SCORM

Utilizaremos este iDevice para propoñer unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. É similar en canto a funcionamento ao iDevice "Pregunta de elección múltiple" pero permite a comunicación cun LMS (Moodle) obtendo datos do rastrexo da actividade que indican se se aprobou ou non o exame.

Ao seleccionar o iDevice "Cuestionario Scorm" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

scorm

 

Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.

No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.

No campo "Opcións" escribiremos o texto coas opcións de resposta dispoñibles. Marcaremos no botón que se atopa á dereita do campo a opción correcta. Poderemos engadir novas opcións pulsando o botón "Engadir outra opción". Sempre será recomendable engadir un rango de entre 3 e 4 opcións de resposta.

Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta" e seleccionar o coeficiente de aprobado. 

Ao final o sistema proporciona o tanto por cento de acertos: "A súa puntuación é 100%"

Exercicios de matemáticas

Pregunta

57- 9=

Respostas

63

48

Pregunta

96 X 6

Respostas

576

456

Habilitar JavaScript

Practica eXe: crear unha actividade SCORM

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Abre o arquivo omeuarquivo2. elp que creaches na actividade anterior (podes facer dobre clic sobre el)
  2. Crea un iDevice "Cuestionario Scorm" no nodo "Preguntas". Modifica o título
  3. Crea dúas preguntas con tres opcións posibles en cada unha delas
  4. Unha vez terminado, feixe clic no botón feito hecho para ver o resultado
  5. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)