Contidos que avalían
Contidos que avalían por José Miguel Andonegi
Á hora de facer contidos hai quen se preocupa moito por poñer elementos evaluativos (cuestionarios, animacións nas que hai que resolver un problema, ...). Se es unha desas persoas, eXeLearning non é a túa ferramenta aínda que se poden facer algunhas cosillas.
En eXeLearning atoparás unha serie de compoñentes ( iDevices) de preguntas. Pero, como se deben utilizar estas preguntas? e é realmente necesario crear contidos que avalíen?
O máis importante das preguntas é como as utilizamos. As preguntas en eXeLearning están ligadas aos contidos, e poden servir para o mesmo que en clase:
- Ao expor un caso podemos facer preguntas que xeren dúbidas
- Podemos poñer preguntas xunto a un vídeo para relacionalo cos obxectivos da materia
- Ao pechar un contido podemos facer preguntas que reforcen as ideas clave
É dicir, non é tan importante acertar ou fallar a pregunta; é máis importante a explicación asociada á resposta.
Se queres saber máis sobre as cualificacións en eXeLearning, consulta eXeLearning y las calificaciones (nota en SCORM, LMS…) na web do proxecto.