Este é o iDevice de maior uso xa que nos permitirá engadir contidos mediante un editor de textos. Usarémolo sobre todo para realizar exposicións dun tema e presentar os contidos.
Ao seleccionar o iDevice "Texto" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:
No campo de texto central, introduciremos o noso contido (texto, imaxes, ligazóns, vídeos, etc.). Opcionalmente, podemos engadir:
- Un título
- Unha icona para elixir entre os dispoñibles para o estilo seleccionado
- Un apartado de retroalimentación que se despregará ao facer clic no botón (o texto do botón tamén é modificable)
Unha vez terminado faremos clic no botón feito
para ver o resultado.


