Para presentar propostas de actividades interactivas de diversos tipos teremos os seguintes iDevices:
- Actividade de Geogebra: permítenos incluír unha tarefa desenvolvida co software matemático Geogebra..
- Actividade despregable: propón ao alumno un texto cun lista de posibles cadeas de palabras que deberán ser seleccionadas.
- Cuestionario SCORM: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. É similar en canto a funcionamento ao iDevice "Pregunta de elección múltiple" pero permite a comunicación cun LMS (Moodle), obtendo datos do rastrexo da actividade que indican se se aprobou ou non a proba.
- Lista desordenada: permite a creación dunha lista desordenada para ser ordenada polo alumno segundo a instrución dada polo docente.
- Pregunta de elección múltiple: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas só poderá ter unha resposta correcta.
- Pregunta de selección múltiple: propón unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas poderá ter máis dunha resposta correcta.
- Pregunta verdadeiro-falso: propón unha (ou varias) preguntas que deberán ser respondidas con "Verdadeiro" ou "Falso".
- Encher ocos: propón ao alumno un texto con espazos en branco que deberán ser completados. Inclúe a posibilidade de retroalimentación.
- Vídeo interactivo: permite incluír diversas actividades mentres visualizamos un vídeo, facilitándonos a posibilidade de editar en que momento do vídeo queremos que este se pause para a realización da actividade.