Saltar navegación

iDevices

Os iDevices son bloques ou elementos que nos permiten introducir diferentes tipos de contido, desde un texto ata actividades interactivas. A versión actual de eXeLearning dispón dun gran número de   iDevices, cada un cunha utilidade pedagóxica ou técnica distinta. Os iDevices veñen agrupados en 4 bloques da seguinte maneira:

Texto

Tarefa

Adiviña

QuExt

Rosco

VideoQuExt

Actividade de GeoGebra

Actividade despregable

Cuestionario SCORM

Lista desordenada

Pregunta de Elección Múltiple

Pregunta de Selección Múltiple

Pregunta Verdadeiro-Falso

Encher ocos

Vídeo interactivo

Descargar o ficheiro fonte

Ficheiros adxuntos

Galería de imaxes

Nota

Rúbrica


Opcións dos iDevices

Cada iDevice utilízase para un tipo de contido, actividade ou recurso concreto. Con todo, en todos aparecen unha serie de opcións comúns.

  • Ao crear ou editar un iDevice, aparece unha barra de ferramentas   barra idevicesna parte inferior esquerda do iDevice, que ofrece as seguintes opcións:
guardar Gardar os cambios realizados e visualizar o resultado
Revertir Saír do iDevice sen gardar cambios
Subir y bajar Recolocar o iDevice dentro da páxina, subíndoo ou baixándoo respecto ao resto de iDevices
Mover Mover o iDevice a outros nodos previamente creados no noso traballo
  • As iconas de Instrucións instrucciones e Axuda ayuda ofrecen información adicional do iDevice que estamos a utilizar.
  • Unha vez editado e gardado o iDevice, podemos volver editalo facendo dobre clic sobre el ou pulsando no botón editar que aparece ao pasar o cursor sobre o iDevice. Tamén aparece a opción de borrar  borrar

Desagrupar / Agrupar iDevices

Os iDevices aparecen por defecto agrupados en categorías. Desde o Modo avanzado, o usuario pode decidir mostralos agrupados por categorías ou desagrupados (ordenados alfabeticamente).

Menú agrupado

iDevices dispoñibles

En Modo avanzado, o usuario pode seleccionar os iDevices que se mostran por defecto. Ao facer clic en " iDevices dispoñibles" aparecerán todas as opcións. Marcando a casa "Visible" correspondente a cada iDevice, elixiremos aqueles que queremos mostrar. Só teremos que seleccionalos e gardar os cambios.

Cedec. Mostrar y ocultar iDevices (CC BY)

A continuación abordaranse un por un cada un dos diferentes iDevices, indicando a súa utilidade e mostrando un exemplo de utilización.

iDevices antigos

Os iDevices de "Texto libre", "Obxectivos", "Coñecemento previo", "Reflexión", "Caso práctico", "Actividade de lectura", etc. aparecen ocultos xa que a súa funcionalidade queda resolta cos iDevices de "Texto" e "Tarefa", que permiten todas as posibilidades (poñer ou non título, seleccionar icona, poñer ou non retroalimentación).

En calquera caso, nesta ligazón pódese consultar  información relativa a estes iDevices.