Utilizaremos este iDevice para propoñer unha (ou varias) preguntas que deberán ser respondidas con "Verdadeiro" ou "Falso". Permítenos introducir varios tipos de retroalimentaciones que serán visualizadas polo alumno unha vez completadas as actividades ou como pistas para realizalas. Este tipo de actividade facilitará que o alumno poida comprobar en por si a asimilación dos contidos traballados.
Ao seleccionar o iDevice "Pregunta verdadeiro falso" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para seguir para realizar a pregunta Verdadeiro / Falso.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.
Determinaremos se o enunciado que escribimos é Verdadeiro ou Falso, marcando a casa correspondente
No campo " Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.
No campo "Suxerencia" poderemos proporcionar algunha pista que axude ao estudante para contestar correctamente a pregunta. Poderemos deixar o campo en branco.
Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta".
Lembra:
O máis importante das preguntas en eXeLearning é como as utilizamos.
- Ao expor un caso podemos facer preguntas que xeren dúbidas
- Podemos poñer preguntas xunto a un vídeo para relacionalo cos obxectivos da materia
- Ao pechar un contido podemos facer preguntas que reforcen as ideas clave
Non é tan importante acertar ou fallar a pregunta; é máis importante a explicación asociada á resposta.