Utilizaremos este iDevice para propoñer ao alumno un texto con espazos en branco que deberán ser completados. Inclúe a posibilidade de retroalimentación.
Dispoñeremos de varias opcións de corrección:
- Flexibilidade na resposta: admite como boas as respostas que só se diferencien nunha letra.
- Admitir erro da primeira maiúscula: considera correcta a palabra aínda que a primeira letra (maiúscula/minúscula) non sexa correcta.
- Corrección inmediata: corrixe ao completar a palabra sen esperar a que o usuario o solicite.
Ao seleccionar o iDevice "Encher ocos" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

Na parte superior teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
Nas apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade.
No apartado "Texto con ocos a encher" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo clic no botón "Ocultar / mostrar palabra".
Teremos a posibilidade de marcar diferentes opcións de corrección.
Por último no apartado " Retroalimentación", incluímos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento aos nosos alumnos para realizar a actividade proposta.
