Utilizaremos este iDevice para propoñer unha (ou varias) preguntas tipo test ao alumno. Cada unha das preguntas poderá ter máis dunha resposta correcta. Permítenos introducir unha retroalimentación que será visualizada polo alumno unha vez completada a actividade. Este tipo de actividade facilitará que o alumno poida comprobar en por si a asimilación dos contidos traballados.
Ao seleccionar o iDevice "Pregunta de selección múltiple" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.
No campo "Pregunta" escribiremos o texto da pregunta. O enunciado deberá ser claro. Evitaremos premisas negativas xa que tenden a ser ambiguas.
No campo "Opción" escribiremos o texto coas opcións de resposta dispoñibles. Marcaremos na casa que se atopa á dereita do campo tantas opcións de respostas correctas como sexan necesarias. Poderemos engadir novas opcións pulsando o botón "Engadir outra opción". Sempre será recomendable engadir un rango de entre tres e catro opcións de resposta.
No campo " Retroalimentación" escribiremos a retroalimentación que queremos que vexan os lectores despois de realizar a actividade. Se deixamos o campo baleiro ofrecerase a retroalimentación por defecto.
Poderemos engadir novas preguntas no iDevice pulsando o botón "Engadir outra pregunta".