Saltar navegación

Actividade despregable

Utilizaremos este iDevice para propoñer ao alumno un texto cun lista de posibles cadeas de palabras que deberán ser seleccionadas. Teremos a posibilidade de engadir novas palabras (separadas por "|" na casa correspondente) para incrementar as posibles respostas. Poderemos incluír cualificación e retroalimentación xeral.

Ao seleccionar o iDevice "Actividade despregable" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

desplegable

Na parte superior, teremos a posibilidade de modificar o título do iDevice.

No apartado "Instrucións" escribiremos o texto coas instrucións para realizar a actividade.

No apartado "Texto" escribiremos o texto sobre o que se creará a actividade, seleccionando a palabra ou palabras que queremos facer desaparecer facendo  clic no botón "Ocultar/mostrar palabra".

Poderemos incluír "Outras palabras". Para iso escribiremos palabras separadas por | ( Alt Gr + 1).

Por último, no apartado " Retroalimentación" incluiremos aquelas informacións e indicacións que poidan servir de axuda ou complemento ao noso alumno para realizar a actividade proposta.

Exemplo de actividade despregable: O cabalo branco de Santiago

Completa a seguinte frase:

branco de  é branco

Habilitar JavaScript

Practica eXe: crear unha actividade despregable

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Abre o arquivo  omeuarquivo2. elp que creaches na actividade anterior (podes facer dobre clic sobre el)
  2. Crea un iDevice "Actividade despregable" no nodo "Preguntas". Modifica o título
  3. Crea un texto onde ocultes polo menos dúas palabras ou cadeas
  4. Engade dúas palabras máis. Lembra separalas mediante | ( Alt Gr 1)
  5. Unha vez terminado feixe clic no botón  para ver o resultado
  6. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)

 Se tes algunha dúbida podes consultar o seguinte vídeo:

Cedec. iDevice Actividad desplegable (CC BY)