Saltar navegación

Tarefa

Este iDevice ten o mesmo formato e opcións que o iDevice Texto, pero ademais permítenos especificar a duración dunha tarefa e o agrupamento necesario para o seu desenvolvemento.

Ao seleccionar o iDevice "Tarefa" da listaxe de iDevices mostrarásenos o seguinte no noso eXeLearning:

iDevice Tarea
iDevice Tarefa

Exemplo de iDevice Tarefa:

iDevice Tarea

Practica eXe: creamos tarefas

Realiza os seguintes procedementos:

  1. Abre o arquivo omeuarquivo2. elp que creaches na actividade anterior (podes facer dobre clic sobre el)
  2. Crea un iDevice "Tarefa" no nodo "Preguntas". Modifica o título
  3. Crea un texto de instrucións para a realización dunha tarefa
  4. Engade o tempo necesario para a súa realización e o agrupamento indicado. Podes modificar os textos "Duración" e "Agrupamento"
  5. Unha vez terminado fai clic no botón feito para ver o resultado
  6. Garda os cambios. (Arquivo > Gardar)

Se tes algunha dúbida podes consultar o seguinte vídeo: