Section outline

  •   INDICACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE                                                                                   

    Benvidos ao terceiro trimestre e...  ante todo MOITO ÁNIMO!!!!

    Comezamos este terceiro trimestre nunha situación excepcional e ante esta situación teremos que darlle un enfoque un pouco distinto á materia de E.Física.

    Ao longo desta aula virtual veredes que hai actividades de repaso e ampliación sobre contidos que vistes este ano ou en anos pasados incluso que teñen vinculación con outras materias.

    As sesión están pensadas para que duren un 50 minutos que é o que duraría a túa clase de Educación Física.

    Para que ti podas xestionar o teu tempo, cada semana abrirei as dúas clases correspondentes a esa semana. Podes facelas o día e a hora que tiñas E.F. ou cando mellor che veñan en función da túa dispoñibilidade, do que che manden noutras materias, ou do que che apeteza.

    De todos os xeitos o ideal era que pasara un día como mínimo entre unha sesión e a outra. Por exemplo podes facelas o martes e o xoves e repetir a parte física (a de moverse) o sábado pola mañá unha e outra pola tarde. Outra opción sería luns e mércores e a parte física repetila venres a dunha sesión e sábado a da outra para non estar tan sedentario.

    Antes de comezar calquera das sesións propostas le atentamente  a GUÍA DA SESIÓN onde se explicara o que tes que facer.

    En moitas sesións faremos circuítos ou tarefas que impliquen distintos exercicios. Estes exercicios teñen un nome que pode que tin no coñezas ou que coñezas con outra denominación. Para que saibas como se fai, a primeira entrada desta aula virtual, é un repositorio de exercicios físicos onde se enlaza un vídeo para que comprendas e aprendas como se fan.

    Como irás vendo a medida que vaias lendo a sesión imos facer todo a través da internet. Eu non sei, lamentablemente,  como son a túa conexións a internet, que medios tes para acceder e en que cantidade por unidade familiar (computadora, tablet, teléfono móbil…), que espazos tes para traballar…

    A educación ante todo ten que ser equitativa e non discriminatoria. Se tes algún problema para facer as tarefas ou seguir as sesións ou coñeces alguén que estea nestas circunstancias ponte en contacto comigo e veremos posibles solucións. De seguro que entre todos haberemos atopar como facelo.

    Para calquera dúbida que teñades o calquera outra cousa que queirades transmitirme este é o meu enderezo electrónico erey0@iescotarelo.net

      TEMPORALIZACIÓN                                                                                                                                

             

      AVALIACIÓN                                                                                                                                             

    Polo de agora, a falla de instruccións sobre se os contidos desta nova situación van ser avaliables ou non, deixovos a proposta de avaliación de como sería a mesma se estes tiveran que contar para a nota. 

    Aquí poderás ver o peso en porcentaxe que teñen as distintas unidades didácticas que veremos ao longo deste confinamento. Esta avaliación está supeditada á duración que teña esta situación. E dicir, se este acaba e podemos incorporarnos ás aulas, continuaremos cos contidos e co sistema de avaliación proposto para este trimestre na programación do Departamento.

    Isto non quere dicir que o feito até esta suposta reincorporación ás aulas non teña valor. Este traballo feito conservará o seu peso na avaliación, só modificándose este a proposta xustificada polo profesor ou polos alumnos, e sendo aceptada por todos eles por unanimidade (profesor e alumnos).

    CONTACTO                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

    O primeiro que deberías facer é mandarme un correo, á dirección que aparece baixo estas liñas, indicando o teu nome, primeiro apelido e curso para que deste xeito teña a posibilidade de comunicarme contigo se fose necesario.

    Para aclarar calquera dúbida que vos poda xurdir, se necesitades comentarme algunha incidencia ou outra cousa na que pensedes que eu podo ser de axuda ou se detectades algún erro este é o meu enderezo erey0@iescotarelo.net 

  • Todos os VENRES á 13:00 podedes conectarvos por medio da plataforma Webex (https://www.webex.com/es/index.html) para consultar calquera dúbida que teñades sobre os contidos, tarefas ou avaliación deste terceiro trimestre.

    Lembrade que nos vosos correos recibiredes os datos necesarios para establecer a conexión.

  • Semanalmente iremos propoñendo un reto para que vos animedes a intentalo.

    Non fai falla que demostrades que o fixestes, se queredes mandar un vídeo podedes pero non é necesario.

    A idea dos desafíos é ter un pretexto para moverse. Facelos ou non, non vai ter repercusión na vosa nota, nin para ben nin para mal.

    Se coñecedes algún reto e queredes compartilo con nos. Gravade un vídeo facéndoo, compartídeo comigo por DRIVE e subirémolo á aula virtual para que os compañeiros podan aceptar o desafío.

    • Antes de levar este reto á práctica sería bo que quentarades par evitar problemas. Sobre todo os xeonllos, o pescozo e os cuádriceps.

    • Esta semana como reto propoñémoste que xogues con alguén aos dados fítness.

      Primeiro terás que imprimir e unir as pezas para facer dous dados. 

      Un é un dado convencional que che indicará o número polo cal multiplicas e o outro que exercicios tes que facer.

      Se non atopas con quen xogar podes comprobar que nivel es quen de acadar.

      Acéptalo reto? 

  • No seguinte vídeo déixovos un titorial onde vos explica como se soben e se comparten vídeos mediante a aplicación de Google DRIVE.

    En función da capacidade da vosa rede e do peso do vídeo o tempo que tarda en subir pode ser maior ou menor. Tede paciencia.

    Para poder usar este servizo terás que abrir unha conta de GMAIL, se é que non dispós dela xa. Con outros contas de correo (hotmail, yahoo, ...) non funciona, que eu saiba.

  • Aquí teredes enlaces onde se explican os distintos exercicios que empreguemos nas propostas de actividade física. Se algún enlace non funciona, por favor, avisade para solucionar o problema.

  • Ao longo deste ano estivemos vendo como se facía un quecemento xeral. Moitos de vos incluso dirixiríades algún durante as clases. Pois chegou o momento de demostralo!!!

    Botalle unha ollada ao documento que achegamos e fai a tarefa. 

    Moito Ánimo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le a tarefa e asegúrate que tes claro que é o que se che pide e a data de entrega.
      2. Mira as indicacións sobre o quecemento e deseña un que podas facer nun espazo reducido.
      3. Practícao e controla o tempo para ver se se axusta ao que se pide.
      4. Cando teñas dominado o teu quecemento e esteas seguro que cumpre coas condicións que se che piden, grávao.
    • TAREFA: DESEÑA O TEU PROPIO QUECEMENTO.

      Agora que xa recordaches como era un quecemento chegou o momento de poñelo en práctica.

      Deseña un quecemento que podas realizar na túa casa, no espazo que teñas.

      O quecementos terá que:

      • Ter unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 10.
      • Estar presentes as 3 partes do quecemento.
      • Traballar todos os grupos musculares (todas as partes do corpo).
      • Facelo na orde correcta.

      Deséñao e practícao varias veces. Unha vez que consideres que xa o tes ben feito, grávate facéndoo e compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido seguido do teu curso. Por exemplo: josefernandez4Aquecemento.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 24 DE ABRIL ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN ACTIVIDADE QUECEMENTO

      Posiblemente ao longo da túa vida, pola túa propia experiencia deportiva ou polo menos estes días vendo vídeos por YouTube coñecerás  distintos tipos de quecementos. Nos buscamos aprender e integrar un quecemento xeral básico ás nosas rutinas de clase ou de adestramento autónomo polo que estes serán os ítems ou criterios de corrección que terei en conta á hora de avaliar o voso quecemento.

        • O quecemento ten unha duración axeitada.
        • A intensidade do quecemento é progresiva (vai de máis a menos).
        • Están presentes  tódalas partes do quecemento nunha orde correcta.
        • Trabállanse todas as partes do corpo mantendo unha orde axeitada.
        • Adapta o seu quecemento ao espazo dispoñible
    • ACLARACIÓNS SOBRE A TAREFA

      Hai preguntas que facedes que seguro que lle están a pasar pola cabeza a algún outro compañeiro, polo que para axudarnos vou poñer aquí aclaracións que xurdiron a partir das vosas dúbidas:

      • Unha cousa importante da actividade do quecemento é que adaptedes esta ao espazo co que contades (de feito é un criterio de corrección). Se vivo nunha casa con finca podo empregala, se vivo nun piso e non teño moito espazo adáptome a iso. En vez de trotar con desprazamento, se vexo que isto non é posible, troto no sitio, por exemplo.
      • Adapta tamén o tempo, ao final o quecemento durará arredor de 7 minutos, distribúe o tempo entre as distintas partes. Se dedicas 5 minutos a trotar e 2 ao resto seguramente as outras partes estean incompletas. Lembra que na clase falabamos que o trote duraba de 2 a 5 minutos.
      • Sería aconsellable que se facedes algunha modificación ou credes que debedes explicar algo do que facedes e/ou o motivo, o gravedes ao inicio do vídeo da vosa tarefa.
      • Non vos precipitedes a hora de gravar as tarefas. Mirade a temporalización, tedes bastante prazo para entregalas. Cando as enviedes asegurádevos que están o mellor posible. Isto non quere dicir que vos descoidedes e se vos xunten unhas tarefas coas outras.
  • O trimestre pasado estivemos a ver o traballo de forza. Para o traballo do ano que ven necesitamos asegurarnos que todos dominamos a técnica de 4 exercicios básicos como son as flexións de brazos, as sentadillas, os abdominais e os burpees.

    É hora de demostralo...

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le a tarefa e asegúrate que tes claro que é o que se che pide e a data de entrega.
      2. Mira os vídeos dos exercicios básicos propostos fixándote ben nos aspectos técnicos para realizalos de xeitos correcto.
      3. Practica os exercicios correxindo os erros que podas ir tendo.
      4. Cando teñas a técnica controlada grávate coas indicacións especificadas na tarefa para demostrar que dominas a técnica.
    • TAREFA: GRAVA UN VÍDEO EXECUTANDO CADA UN DOS EXERCICIOS BÁSICOS.

      • FLEXIÓNS: Grávate facendo 10 flexións de xeito correcto. Se non es quen de facelas estendidas podes facelas de xeonllos. Pídelle a alguén que teñas pola casa que te grave dende un costado (ténseche que ver perfectamente dende a cabeza aos pes) e as 2 ou 3 últimas dende arriba (para poder ver a posición das mans e os cóbados).
      • SENTADILLAS: Grávate facendo 10 sentadillas de xeito correcto. Pídelle a alguén que teñas pola casa que te grave dende un costado (ténseche que ver perfectamente dende a cabeza aos pes). As últimas 2 ou 3 que chas graven dende a fronte (para ver que pasa cos pes e cos xeonllos). Se non hai sitio para que se desprace o que grava ponte ti mirando cara a cámara, pero non tardes moito en cambiar de posición.
      • CRUNCH DE ABDOMINAL: Grávate facendo 10 crunch de abdominal de xeito correcto. Pídelle a alguén que teñas pola casa que te grave dende un costado (ténseche que ver perfectamente dende a cabeza aos pes). Os pes poden estar apoiados no chan ou no aire cos xeonllos en 90º. As mans teñen que estar sobre o peito para que eu poda ver a subida das costas.
      • BURPEES: Grávate facendo 5 burpees de xeito correcto. Pídelle a alguén que teñas pola casa que te grave dende un costado (ténseche que ver perfectamente dende a cabeza aos pes. Cando saltes tamén.)

      Non é necesario que gravedes todos os vídeos o mesmo día. Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido do exercicio que realizas nese vídeo. Por exemplo: antoniolemos3Csentadillas.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 1 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • Aquí vos deixo o enlace a un vídeo, o mesmo que vos deixei ao final do trimestre pasado, onde podedes lembrar a técnica correcta e algunha progresión para mellorar a vosa forza, como vimos na aula.

    • En este vídeo amósasenos unha sentadilla frontal con barra. Non é exactamente o que fixemos en clase, pero todas as correccións son válidas e pódevos axudar a facer as sentadillas dun xeito correcto.

      Só temos que modificar a explicación dos brazos que nos fai ao principio por extendelos adiante cando baixamos e levar as más a glúteos ou cadeira cando subimos. 

    • Aínda que noutros anos veredes que este é un exercicio que ten certa controversia, imos a aprender como se debería facer correctamente xa que está moi extendido e é empregado por moita xente.

      No vídeo que vos deixo podedes ver a técnica correcta e algúns dos principais erros. Se recordades da clase, veredes que as pernas podían estar tanto apoiadas coma en 90º, e os brazos podían estar en distintas posicións. Dígovolo por que no vídeo non se explica todo. Sobre todo estade atentos aos erros que sinala para evitalos. 

       

    • No vídeo que presentamos a continuación podedes ver a técnica correcta á hora de facer un burpee e os principais erros.

      É un pouco longo xa que tamén aparecen algunhas modificacións para adestrar e mellorar as nosas prestacións.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN PARA OS XESTOS TÉCNICOS BÁSICOS DE FORZA

      FLEXIÓNS DE BRAZOS

      • As costas están rectas.
      • As mans están a altura do peito
      • As mans están lixeiramente separadas do torso (brazo e tronco forman un ángulo de 80º aprox.)

      SENTADILLAS

      • As costas están rectas
      • Pes separados a anchura dos ombros aprox. (Buscar unha postura cómoda)
      • Non xunta os xeonllos.
      • Non levanta os talóns.
      • Baixa os glúteos, como pouco, até a altura dos xeonllos.

      CRUNCH ABDOMINAL

      • A zona lumbar permanece apoiada no chan.
      • pescozo permanece nunha posición neutra (o queixo non se move cara o peito).
      • As mans/brazos non axudan ao movemento (non facemos forza no chan para subir, non “lanzo” os cóbados ou as mans para subir).

      BURPEES

      • As costas están rectas/corpo estendido (tanto na prancha como no salto).
      • peito toca o chan.
      • No salto toco as man por riba da cabeza
      • Chegamos á posición de prancha e volvemos dela cun salto a pes xuntos (os pes móvense ao mesmo tempo, non un antes e logo o outro).
    • ACLARACIÓNS SOBRE A TAREFA

      Hai preguntas que facedes que seguro que lle están a pasar pola cabeza a algún outro compañeiro, polo que para axudarnos vou poñer aquí aclaracións que xurdiron a partir das vosas dúbidas:

      • Non vos precipitedes a hora de gravar os exercicios. Igual agora non vos saen moi ben por falla de practica ou forza. Seguramente despois dunha semana practicando un pouco vos saen ben.  Mirade a temporalización, tedes bastante prazo para entregalas. Cando as enviedes asegurádevos que están o mellor posible. Isto non quere dicir que vos descoidedes e se vos xunten unhas tarefas coas outras.
  • Nestas dúas sesións imos a ver algúns conceptos relacionados coa alimentación e algunha doenza relacionada con este tema. Estudaremos a importancia do almorzo e que alimentos debe incluír este para ser saudable.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le nos apuntamentos o apartado que fai referencia a dieta equilibrada (todo menos cando empeza a falar do almorzo).
      2. Costesta ás preguntas 1, 2 e 3 no documento de actividades adxunto.
      3. No exercicio 5 vai completando a primeira columna apuntando o teu almorzo e que tomas a media mañá todos os días desta semana (dende o luns 20 ao domingo 26). Se non tomache nada algún dos días, simplemente indica NADA.
      4. Como aínda nos deberían sobrar uns 20 minutos dos 50 de clase imos aproveitar para facer algo de actividade física:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa vimos en sesións pasadas (tes que notar que o teu corpo subiu de temperatura e está, todo el, preparado para a práctica).
        • Na parte principal imos facer un circuíto, xa que isto é o que mellor se adapta ao espazo que temos. Este circuíto terá un marcado carácter cardiovascular xa que seguramente levarás tempo parado e o corazón necesita de estímulos.
          • Jumping Jack 30 segundos (30").
          • 15 segundo de descanso (15 ")
          • Escalador 30".
          • 15" segundo de descanso.
          • Sentadillas tocando no chan cos dedos e salto (as mans baixan lateralmente polo noso corpo na sentadilla até tocar o chan). 30".
          • 15" de descanso.
          • Salto da ra 30".
          • 45" de descanso e iniciamos o circuíto de novo. (Facemos en total o circuíto 3 veces).
      • Volta a calma: Facemos estirmamentos aguantando uns 20 segundos das distintas partes do corpo que notemos que traballamos.
  • Nesta segunda sesión adentrarémonos na importancia do almorzo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le o apartado dos apuntamentos dedicado ao almorzo.
      2. Bótalle un ollo ás preguntas 4 e 5 das actividades.
        • A pregunta 4 podes contestala co que xa sabes sobre a túa alimentación, pola túa experiencia, ou esperar a que pase a semana para ver que pasou.
        • A actividade número 5 podes ir completando a columna do almorzo (media mañá tamén) saudable, pero trata de non alterar os teus almorzos desta semana. Fainos como se non souberas nada estes días. A partir desta semana podes probar a aplicar os almorzos saudables deseñados por ti, a ver que tal.
      3. Cando teñas rematadas as actividades envíaas ao meu enderezo electrónico en formato PDF. O nome do arquivo ten que ter o teu nome e primeiro apelido e o curso. Exemplo: manuelperez3Balmorzo. Non te despistes da data de entrega.
      4. Como aínda nos deben quedar uns 25 minutos, imos a continuar co traballo cardiovascular que iniciamos na sesión pasada. Así:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa sabes.
        • Na parte principal faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 45" de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 4 veces:
            • Saltos do patinador.
            • Estocadas. Se o exercicio é moi fácil para ti podes facer estocadas con salto.
            • Sentadillas con puñada.
            • Carreira no sitio.
        • Volta a calma: realizaremos alongamentos (estiramentos) duns 20 segundos da principal musculatura que implicamos na sesión. 
    • Cando remates as actividades compartídeas por DRIVE co meu enderezo, erey0@iescotarelo.net

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido da palabra almorzo . Por exemplo: antoniolemos4Balmorzo.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 8 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

  • Con esta unidade didáctica pretendemos aprender que é a flexibilidade ,cales son os seus beneficios e de que factores depende.

    Buscaremos coñecer e practicar distintos xeitos de adestrala para mantela ou mellorala e relacionar os alongamentos que traballemos coa musculatura implicada.  

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Botalle unha ollada aos contidos que temos nesta unidade didáctica. Poderás ver que hai uns apuntamentos, unha tarefa para entregar e un arquivo no que se sinalan os músculos e os métodos de estiramento a empregar para realizar a tarefa.
      2. Le atentamente a definición de flexibilidades, os seus tipos e logo, no apartado referente aos métodos de adestramento, o método activo dinámico. 
      3. Se non o fixeches aínda, descarga o arquivo que pon "táboa de músculos a estirar". Mírao, algúns dos estiramentos que vexamos logo na parte práctica igual che valen para ir completando a ficha. Aclaración importante: a segunda columna pide que poñas un exemplo de estiramento individual asociado a un músculo. Aínda que poña ESTIRAMENTO ACT.  DINÁMICO -  ACT. ESTÁTICO OU PASIVO ESTÁTICO non é necesario que poñas un exemplo de cada método se non que, simplemente escolle un e pono. O importante aquí é que sexa individual.
      4. Chegados a este punto, quedaranche un 30-35 minutos de clase. Imos a facer a parte práctica. O obxetivo de hoxe é coñecer e practicar distintos tipos de estiramentos activos dinámicos. Este tipo de estiramentos son os que xa fixemos moitas veces no quecemento en clase. Pero como o noso obxectivo estos días con eles non vai ser quentar se non que vai ser ganar flexibilidade van requerir dun bo quecemento xa que se os facemos estando fríos corremos o risco de lesionarnos. Amais do quecemento inicial tamén faremos uns exercicios de activación cardiovascular para asegurarnos que a musculatura estea quente antes de comezar cos estiramentos dinámicos. A sesión práctica sería a seguinte:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa sabes.
        • Parte principal:
          • Traballo de activación cardiovascular: Faremos un circuíto coa mesma estrutura ca doutro día:30" de traballo 15" de descanso e 45" de recuperación entre circuítos. Facemos o circuíto 2 veces: 
            • Saltos laterais: coloca unha camiseta estirada no chan e da saltos a un lado e a outro.
            • Burpees: vamos a modificalos para facilitar a súa realización, para iso non imos a facer a flexión.
            • Estocadas
            • Jumping Jack
          • Práctica de estiramentos dinámicos: 
        • Volta a calma: No tempo que che quede para finalizar os 50 minutos de clase podes ir buscando información para facer a TAREFA 1 ou se o prefires estirar algunha zona (sen facer rebotes nin lanzamentos) que notes algo cargada.
    • TAREFA 1: RELACIONAMOS MÚSCULOS CON DISTINTOS TIPOS DE ALONGAMENTOS.

      Con esta tarefa queremos aprender distintos xeitos de estirar a nosa musculatura sendo conscientes de que músculos estamos a estirar.

      Descarga a ficha da actividade e vaina completando. Tes que asociar unha imaxe a cada tipo de estiramento e músculo. A imaxe que poñas pode ser algunha que atoparas por internet ou imaxes de ti mesmo facendo os estiramento.

      O formato do traballo tamén é "libre" e dicir, non tedes que entregalos na taboa que eu vos pasei. Podedes facelo como consideredes, sempre e cando apareza a imaxe do alongamento asociada ao músculo e ao tipo de estiramento. A orde dos músculos ten que ser a mesma que aparece na táboa que vos mando para facilitar a corrección.

      Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de traballo flexibilidade. Por exemplo: aitortilla3Btraballoflexibilidade.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 22 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

  • Continuamos co traballo de flexibilidade. Hoxe veremos como estirar a musculatura do membro inferior. Para iso antes faremos unha sesión de GAP (Glúteos, Abdominais e Pernas).

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le atentamente os beneficios da flexibilidade e o método activo estático e pasivo estático. Se non es quen de diferencialos mandame unha mensaxe e trato de explicarchos. 
      2. Se non o fixeches aínda, descarga o arquivo que pon "táboa de músculos a estirar". Mírao, algúns dos estiramentos que vexamos logo na parte práctica igual che valen para ir completando a ficha. 
      3. Chegados a este punto, quedaranche uns 30-35 minutos de clase. Imos a facer a parte práctica. O obxetivo de hoxe é coñecer e practicar distintos estiramentos estáticos . Este tipo de estiramentos individuais son os típicos que se fan ao final dunha sesión tanto de educación física como dun adestramento.  Como xa sabemos para traballar a flexibilidade debemos facer un bo quecemento previo. Aproveitaremos tamén para facer unha sesión  orientada ao traballo de forza nas zonas que logo imos a estirar.                                          A sesión práctica sería a seguinte:
        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa sabes.
        • Parte principal:
          • Traballo de tonificación de pernas, abdominais e glúteos:
          • Práctica de estiramentos: manteremos cada estiramento uns 20". Recorda que cando estiramos unha perna ou un lateral logo hai que estirar o outro.

        • Volta a calma: No tempo que che quede para finalizar os 50 minutos de clase podes ir buscando información para facer a TAREFA 1 ou se o prefires estirar algunha zona (sen facer rebotes nin lanzamentos) que notes algo cargada.
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le atentamente os factores condicionantes da flexibilidade.. 
      2. Se non o fixeches aínda, descarga o arquivo que pon "táboa de músculos a estirar". Mírao, algúns dos estiramentos que vexamos logo na parte práctica igual che valen para ir completando a ficha. 
      3. Chegados a este punto, quedaranche uns 40-45 minutos de clase. Imos a facer a parte práctica. O obxectivo de hoxe é continuar co traballo de estiramentos estáticos vistos a sesión pasada.

      Nesta ocasión imos a traballar a  flexibilidade do tronco e do membro superior. Como xa dixemos en sesións anteriores, para traballar a flexibilidade debemos facer un bo quecemento  previo. Aproveitaremos tamén para facer unha sesión  orientada  ao  traballo de forza  nas zonas que logo imos a estirar.                                       

                 A  sesión práctica sería a seguinte:

        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa sabes. Hoxe como imos a centrarnos na parte superior do corpo polo que terás que centrarte máis nesta zona quitando algún exercicios que traballe a parte baixa e aumentando o número de exercicos para tronco e membro superior.
        • Parte principal: Para algún exercicio necesitaredes buscar algún obxecto para facer a función de pesas (botellíns de auga, bolsas de pasta…)
          • Exercicios de tonificación parte superior do corpo: Traballamos 30” e descansamos outros 30”. Repetimos o circuíto 3 veces.
            • Flexións de brazos.
            • Curl de bíceps: unha “pesa” en cada man traballamos brazos de xeito alterno. Subo e baixo esquerda e subo e baixo dereita.
            • Elevacións frontais para ombro: Collemos as “pesas” en cada man e facemos elevacións para ombro.
            • Prancha con apoio de antebrazos: Se non son capaz de aguantar estendido, apoio os xeonllos.
            • Fondos de tríceps: Apóiate nunha cadeira e fai o exercicio.
            • “Cierres” en cabeza: Colle as “pesas” e elévaas lateralmente até que se toquen por riba da cabeza.
            • Prancha lateral: Colócate de lado apoiado sobre o costado. Se non es quen de subir e baixar a cadeira mantén a posición. Se é moi complicado flexiona os xeonllos e faino así.
          • Traballo de flexibilidade: Nesta ocasión imos a practicar estiramentos para o “tren superior”, costas, peito e brazos. Mantén os estiramentos uns 20” e recorda traballar os dous hemilados do corpo. A zona dereita e a esquerda.

        • Volta a calma: No tempo que che quede para finalizar os 50 minutos de clase podes ir buscando información para facer a tarefa desta unidade ou se o prefires estirar algunha zona que notes algo máis cargada. Recorda non facer rebotes.
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le atentamente o Desenvolvemento evolutivo da flexibilidade e o método pasivo forzado. Este método é o que realizamos en parellas, tamén se denomina pasivo asistido.
      2. Se non o fixeches aínda, descarga o arquivo que pon "táboa de músculos a estirar". Mírao, algúns dos estiramentos que vexamos logo na parte práctica igual che valen para ir completando a ficha. 
      3. Chegados a este punto, quedaranche uns 40 minutos de clase. Imos a facer a parte práctica. O obxectivo de hoxe é continuar co traballo de flexibilidade que estamos a desenvolver nesta unidade didáctica, pero nesta ocasión vas necesitar de alguén que te axude.  

      Hoxe imos traballar toda a musculatura do corpo coa axuda dun compañeiro que asistirá os nosos estiramentos.  Aproveitaremos tamén para facer unha sesión  orientada  ao  traballo de forza que nos activará tamén a nivel cardiovascular mediante un tipo de traballo que xa coñecemos como é un tabata.                                      

                 A  sesión práctica sería a seguinte:

        • Fai un quecemento duns 5 minutos como xa sabes. Hoxe como imos a centrarnos na parte superior do corpo polo que terás que centrarte máis nesta zona quitando algún exercicios que traballe a parte baixa e aumentando o número de exercicos para tronco e membro superior.
        • Parte principal: 
          • Traballo de flexibilidade: Imos a estirar os principais músculos do noso corpo coa axuda dun compañeiro. Mantén os estiramentos uns 20” e recorda traballar os dous hemilados do corpo. A zona dereita e a esquerda.

        • Volta a calma: No tempo que che quede para finalizar os 50 minutos de clase podes ir buscando información para facer a tarefa desta unidade ou se o prefires estirar algunha zona que notes algo máis cargada. Recorda non facer rebotes.
    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le atentamente o método FNP (Facilitación Neuronal Propioceptiva) en inglés PNF. Para realizar este método necesitarás, en ocasión a axuda dunha parella.
      2. Chegados a este punto, quedaranche uns 40-45 minutos de clase. Imos a facer a parte práctica. O obxectivo de hoxe é experimentar o traballo de FNP. Nesta ocasión vas necesitar de alguén que te axude. 

      Antes de comezar a experimentar este método imos a traballar un pouco a nosa condición física con outro adestramentos tipo tabata.                                    

                A  sesión práctica sería a seguinte:

            • Pensa noutro músculo que podas traballar mediante este método e pono en práctica.

      3. No tempo que queda aproveita para ir rematando a tarefa sobre os estiramentos.

    • SEGUNDA SESIÓN:

      Esta segunda sesión adicarémola a:

      • Repasar os contidos vistos ao longo desta unidade didáctica.
      • Comporbar que non teñamos ningunha dúbida e se a temos preguntala polo medios establecidos (correo electrónico e Webex).
      • Finalizar a actividade sobre os estiramentos. Recordade que a data límite de entrega é o vindeiro 22 de maio.
    • Cando remates a actividade compartídeas dende o DRIVE co meu enderezo, erey0@iescotarelo.net

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido da palabra estiramentos . Por exemplo: luciarei4Aestiramentos.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 22 DE MAIO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

  • Esta unidade didáctica desenvolverémola ao longo de tres semanas.

    Durante este tempo buscaremos adaptar o nosos movemento a un ritmo, coñeceremos os pasos básicos que se empregan no aerobic e como se monta unha coreografía.

    Imos a abrir unha entrada por semana. Ese traballo é para que o repartades vos como queirades ao longo da semana en función das vosas ocupacións. Mirade a "GUÍA DA SESIÓN" e ide facendo. Non ten que ser todo o mesmo día, ou si, iso vai depender de como vos organizades, pero recordade que temos dúas sesións de 50 minutos á semana. 

    O obxectivo final desta unidade didáctica é realizar e gravar unha coreografía de aerobic.

    • TAREFA: GRAVA A TÚA COREOGRAFÍA DE AERÓBIC

      IMPORTANTE: Póñoche xa a tarefa para que saibas que tes que facer nesta u.d. Iso no significa que teñas que facela nesta semana. Tes tres semanas para ir lendo, aprendendo e practicando. Insisto, motivo de falarche xa da tarefa é para que teñas unha perspectiva do obxectivo final desta unidade didáctica. 

      A tarefa consiste en gravarte bailando unha coreografía de aeróbic.

      Esta pode ser inventada por ti ou que copies ou sigas unha que vexas por internet. A meu consello, dado que non temos clases preseciais para poder correxir os erros, é que non te compliques moito e mires algunha que che guste por Youtube. Pensa que a entrega está próxima ao final do curso e igual tes moito "lío" de asignaturas. 

      Ten que ter unha duración de entre 2:30 e 3:30 minutos. 

      Unha vez teñas o vídeo listo compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar. Mándame tamén, se sigues unha coreo de internet, o enlace da coreografía indicando a partir de que minuto fas a túa coreografía.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de baile. Por exemplo: antoniolemos4Baerobic.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      Non esquezas que semanalmente temos unha titoría por Webex para aclarar dúbidas.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 5 DE XUÑO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • GUÍA DA SESIÓN:

        1. Le nos apuntamentos.
          • Que é o aeróbic e os seus beneficios.
          • Como é a música no aeróbic.
          • Tipos de aeróbic.

      1. Trata de desprazarte seguindo o ritmo das distintas músicas que deixamos en lazadas. Déixoche músicas de distintos ritmos para que vaias practicando (non tes que seguila até que se acabe, son moi longas, fainas un bocadiño até que comprobes que o tes pillado):
      2. Cando consigas desprazarte ao ritmo da música tes que localizar o acento (utiliza as músicas do exercicio anterior). Desprázate ao ritmo da música e cando chegue o acento da unha palmada. Se en desprazamento che resulta difícil proba primeiro no sitio. Golpea o chan coas mans ou os pes e da unha palmada no acento. Aquí che deixo uns enlaces que poden axudarche a entender mellor a música no aeróbic e o seu conteo.
      3. Practica unha coreografía de aeróbic sinxela que che deixamos 
  • Esta semana aprenderemos algúns pasos básicos do aeróbic e trataremos de adaptalos a músicas que xa coñecemos e a algunha nova.

    Tamén vos deixaremos unha nova coreografía para que vaides collendo "soltura" de cara a practicar a vosa. 

  • Chegou o momento de preparar a túa coreografía.

    Recorda que tes como data de entrega este VENRES 5 de XUÑO ÁS 23:55.

    • TAREFA: GRAVA A TÚA COREOGRAFÍA DE AERÓBIC

      IMPORTANTE: Volvo a poñer a tarefa aquí. E a mesma que puxemos cando iniciamos a unidade didáctica. Para que non vos despistedes.

      A tarefa consiste en gravarte bailando unha coreografía de aeróbic.

      Esta pode ser inventada por ti ou que copies ou sigas unha que vexas por internet. A meu consello, dado que non temos clases preseciais para poder correxir os erros, é que non te compliques moito e mires algunha que che guste por Youtube. Pensa que a entrega está próxima ao final do curso e igual tes moito "lío" de asignaturas. 

      Ten que ter unha duración de entre 2:30 e 3:30 minutos. 

      Unha vez teñas o vídeo listo compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar. Mándame tamén, se sigues unha coreo de internet, o enlace da coreografía indicando a partir de que minuto fas a túa coreografía.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de baile. Por exemplo: antoniolemos4Baerobic.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      Non esquezas que semanalmente temos unha titoría por Webex para aclarar dúbidas.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 5 DE XUÑO ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN DO VOSO BAILE

      • Duración: A coreografía está axustada ao tempo fixado (2´:30” – 3´:30”).
      • Ritmo:  Adaptación dos nosos movementos a canción empregada.
      • Variedade: Emprega pasos variados.
      • Direccións variadas: durante a composición traballamos en distintos espazos, con distintas orientacións e dirección. Loxicamente adaptadas ao espazo que temos.
      • Brazos: Mete combinacións de brazos variadas durante a coreografía
      • Orixinalidade: Complexidade dos pasos, vídeo empregado... calquera cousa que me poda sorprender.
  • Destacado

    Con esta actividade finalizamos as tarefas por este ano.

    E para celebralo imos aproveitar a posibilidade que temos de saír ao aire libre e facer unha pequena andaina.

    Esta tarefa ven a substituír ás probas físicas que tiñamos programadas para final de curso.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      Como única actividade para esta unidade didáctica teredes que ler as indicación para facer a tarefa atentamente.

      Esta consistirá en saír a dar un paseo, unha volta, unha pequena andaina... a cal podemos facer sos, pero eu anímovos a que fagades esta coas vosas familias ou algún amigo.

      A andaina terá como mínimo unha duración dunha hora, teredes que sinalar o voso percorrido nun mapa e acompañalo de tres fotos vosas para demostrar que a fixestes.

      Esta tarefa é común para todo o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º BACH co que poderedes compartir andaina e facer o traballo "conxunto" o que si cada un ten que mandar o seu mapa (aínda que sexa o mesmo) e aparecer el nas fotos para demostrar que a fixo.

      Se alguén non quere amosar a cara na foto pode distorsionala ou sacala sen que apareza a súa faciana. Confío en vos e espero non ter que perder esta confianza.

      POR FAVOR LEDE ATENTAMENTE AS INDICACIÓN DAS TAREFAS QUE APARECEN AQUÍ ABAIXO.

      DATA LÍMITE DE ENTREGA DOMINGO 14 ÁS 23:55

    • MIRADE BEN COMO TEDES QUE NOMEAR OS DISTINTOS ARQUIVOS (MAPA E FOTOS).