TAREFA 1: RELACIONAMOS MÚSCULOS CON DISTINTOS TIPOS DE ALONGAMENTOS.
Con esta tarefa queremos aprender distintos xeitos de estirar a nosa musculatura sendo conscientes de que músculos estamos a estirar.
Descarga a ficha da actividade e vaina completando. Tes que asociar unha imaxe a cada tipo de estiramento e músculo. A imaxe que poñas pode ser algunha que atoparas por internet ou imaxes de ti mesmo facendo os estiramento.
O formato do traballo tamén é "libre" e dicir, non tedes que entregalos na taboa que eu vos pasei. Podedes facelo como consideredes, sempre e cando apareza a imaxe do alongamento asociada ao músculo e ao tipo de estiramento. A orde dos músculos ten que ser a mesma que aparece na táboa que vos mando para facilitar a corrección.
Unha vez os teñas todos, e consideres que están ben feitos, compárteos comigo por DRIVE para que o poda avaliar.
Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido e curso seguido de traballo flexibilidade. Por exemplo: aitortilla3Btraballoflexibilidade.
O meu enderezo para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net
DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 22 DE MAIO ÁS 23:55.
Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.