Section outline

  • Ao longo deste ano estivemos vendo como se facía un quecemento xeral. Moitos de vos incluso dirixiríades algún durante as clases. Pois chegou o momento de demostralo!!!

    Botalle unha ollada ao documento que achegamos e fai a tarefa. 

    Moito Ánimo.

    • GUÍA DA SESIÓN:

      1. Le a tarefa e asegúrate que tes claro que é o que se che pide e a data de entrega.
      2. Mira as indicacións sobre o quecemento e deseña un que podas facer nun espazo reducido.
      3. Practícao e controla o tempo para ver se se axusta ao que se pide.
      4. Cando teñas dominado o teu quecemento e esteas seguro que cumpre coas condicións que se che piden, grávao.
    • TAREFA: DESEÑA O TEU PROPIO QUECEMENTO.

      Agora que xa recordaches como era un quecemento chegou o momento de poñelo en práctica.

      Deseña un quecemento que podas realizar na túa casa, no espazo que teñas.

      O quecementos terá que:

      • Ter unha duración mínima de 5 minutos e máxima de 10.
      • Estar presentes as 3 partes do quecemento.
      • Traballar todos os grupos musculares (todas as partes do corpo).
      • Facelo na orde correcta.

      Deséñao e practícao varias veces. Unha vez que consideres que xa o tes ben feito, grávate facéndoo e compárteo comigo por DRIVE para que o poda avaliar.

      Para nomear o arquivo escribe o teu nome e o primeiro apelido seguido do teu curso. Por exemplo: josefernandez4Aquecemento.

      O meu enderezo  para calquera consulta e para compartir a tarefa é erey0@iescotarelo.net

      DATA LÍMITE DE ENTREGA VENRES 24 DE ABRIL ÁS 23:55.

      Non forcedes a entrega até o último día, non vaia ser que despois teñades algún problema e no podades entregala.

    • CRITERIOS DE CORRECCIÓN ACTIVIDADE QUECEMENTO

      Posiblemente ao longo da túa vida, pola túa propia experiencia deportiva ou polo menos estes días vendo vídeos por YouTube coñecerás  distintos tipos de quecementos. Nos buscamos aprender e integrar un quecemento xeral básico ás nosas rutinas de clase ou de adestramento autónomo polo que estes serán os ítems ou criterios de corrección que terei en conta á hora de avaliar o voso quecemento.

        • O quecemento ten unha duración axeitada.
        • A intensidade do quecemento é progresiva (vai de máis a menos).
        • Están presentes  tódalas partes do quecemento nunha orde correcta.
        • Trabállanse todas as partes do corpo mantendo unha orde axeitada.
        • Adapta o seu quecemento ao espazo dispoñible
    • ACLARACIÓNS SOBRE A TAREFA

      Hai preguntas que facedes que seguro que lle están a pasar pola cabeza a algún outro compañeiro, polo que para axudarnos vou poñer aquí aclaracións que xurdiron a partir das vosas dúbidas:

      • Unha cousa importante da actividade do quecemento é que adaptedes esta ao espazo co que contades (de feito é un criterio de corrección). Se vivo nunha casa con finca podo empregala, se vivo nun piso e non teño moito espazo adáptome a iso. En vez de trotar con desprazamento, se vexo que isto non é posible, troto no sitio, por exemplo.
      • Adapta tamén o tempo, ao final o quecemento durará arredor de 7 minutos, distribúe o tempo entre as distintas partes. Se dedicas 5 minutos a trotar e 2 ao resto seguramente as outras partes estean incompletas. Lembra que na clase falabamos que o trote duraba de 2 a 5 minutos.
      • Sería aconsellable que se facedes algunha modificación ou credes que debedes explicar algo do que facedes e/ou o motivo, o gravedes ao inicio do vídeo da vosa tarefa.
      • Non vos precipitedes a hora de gravar as tarefas. Mirade a temporalización, tedes bastante prazo para entregalas. Cando as enviedes asegurádevos que están o mellor posible. Isto non quere dicir que vos descoidedes e se vos xunten unhas tarefas coas outras.