Documentais recomendados para aprender Historia da Galicia moderna
Requisitos do completado
Recomendamos, para entender mellor a evolución da sociedade galega durante o século XVIII:
1- O capítulo titulado
da serie Historias de Galicia, que describe, básicamente, a evolución do sistema agrícola galego determinado polos contratos forais que permitiron a introdución dos novos cultivos americanos (millo no XVII e patacas no XVIII) e o enriquecemento da fidalguía que se converteu na elite social e política de Galicia durante os séculos modernos como narra a primeira parte do capítulo
.
2. O titulado
desa mesma serie describe as características e as consecuencias dos cambios nas artes de pesca e de procesado do peixe co sistema de salga establecidos polos fomentadores cataláns na Galicia de beiramar no século XVIII.
Mirade, tamén, o capítulo
para entender a importancia do traballo feminino nos almacéns de salga e, posteriormente, nas fábricas de conserva de peixe que abasteceron de proteinas baratas aos sectores populares españois durante os séculos contemporáneos.
Prema na ligazón Documentais sobre a Galicia moderna.pdf para ver o ficheiro.