Section outline
-
-
- Os CONTIDOS fundamentais para a recuperación das dúas probas correspondentes á primeira avaliación son os correspondentes aos temas 1 ata o 6, incluídos, do 1º bloque de contidos da PAU coa mesma distribución interna que para as dúas probas escritas realizadas ao longo da avaliación.
- Recoméndase traballar con rigor as prácticas preparatorias desas probas que se entregaron nas sesións presenciais.
- Titorías para resolver dúbidas puntuais: 2º periodo de descanso dos luns, martes e venres dende as 12:30 ata as 12:45.
-
As estratexias de aprendizaxe e recursos didácticos fundamentais para acadar unha aprendizaxe exitosa nesta materia son:
1º. ATENCIÓN e PARTICIPACIÓN PROACTIVA nas sesións de traballo na aula demostrada coa elaboración de composicións e corrección voluntaria das mesmas nas sesións presenciais.
2º. Libro de texto de referencia para o alumnado: Historia de España, en Galego, 2023.
Utilizarase como complemento e ampliación do traballo nas sesións presenciais.
3º. Presentacións dixitais e outros recursos dispoñibles neste curso virtual.
-
Publicamos neste cartafol as rúbricas que se utilizarán para avaliar as preguntas correspontes ás comparacións (bloque 2 dos contidos da PAU da CIUG) e aos comentarios de documentos históricos (bloques 2, 3 e 4 deses mesmos contidos).
-
-
Materiais e recursos didácticos para a aprendixaze dos contidos curriculares da materia Historia de España de 2º curso de Bach.
-
Consultade este video e o artigo que xuntamos para introducirvos nas grandezas e nos problemas históricos do artellamento do estado español.
sobre as grandezas de España e a súa situación actual comparando con outros estados europeos. -
Consulta a entrevista a Andreas Schleicher (director de Educación da OCDE e coordinador dos informes PISA) e procura as claves da aprendizaxe da Historia para un cidadán actual
-
Neste espazo virtual podes consultar e descargar os materiais que utilizaremos nas sesións de reforzo da materia Historia de España, pero RECOMENDAMOS IR AO CURSO ESPECÍFICO titulado Materiais para reforzo de Hª de España curso 2025/26
-
Recomendamos o visionado atento deste documental
, elaborado polo equipo de investigación que dirixe o profesor José María Cardesín (catedrático de Hª. dos movementos políticos) porque describe as razóns políticas e sociais da sublevación e protestas contra a ocupación francesa, alén dos esterotipos simplistas difundidos tradicionalmente. Aparecen os intereses das elites autóctonas, as formas de protesta (motíns, violencia contra afrancesados e soldados, etc) -
Propomos a análise de tres mapas para reforzar os vosos coñecementos sobre a organización política e económica da Hispania romanizada salientando:
- As características da integración da Península Ibérica nos circuitos mercantís do imperio romano.
- A división dunha provincia en conventus e civitas: o caso da Galaecia no noroeste de Hispania.
- A ocupación de Hispania por suevos e visigodos entre os séculos V e VIII da era común
-
Partindo da información do documento que xuntamos elabora un mapa conceptual sobre os obxectivos, as características e as consecuencias das políticas aplicadas por Isabel de Castela e Fernando de Aragón durante o seu reinado a nivel interno e internacional, salientando a importancia das mesmas a medio e longo prazo.
-
-
As probas da PAU son un instrumento de avaliación externa do sistema educativo, baseado na equidade e na calidade, para garantir a igualdade de oportunidades para todo o alumnado galego.
O sitio virtual da CIUG e, nomeadamente, a bitácora do G.T. desta materia da CIUG ofrece circulares e rúbricas coas instrucións para a preparación exitosa das probas desta materia para cada convocatoria. Xuntamos abaixo:
1º. A circular máis recente do GT de Hª de España coas orientacións para o curso 2025/26 (é un documento de referencia para preparar a materia ao longo do curso).
2º. As rúbricas nas que especifican os criterios de cualificación das probas para orientar ao alumnado na súa elaboración.
3º. Os modelos de exame semellantes ao que resolveredes na convocatoria ordinaria da PAU ou na extraordinaria e, tamén, aos desta materia durante o curso actual.
4º. Os contidos temáticos comprendidos nesa proba da PAU desta materia
5º. Orientacións e recomendacións para respostar correctamente as probas e as rúbricas que as avaliarán, recursos bibliográficos e TIC para preparar as composicións e respostar con precisión aos conceptos e preguntas concretas.
- Textos por temas e épocas recomendados polos grupo de traballo desta materia (CIUG): De Historia siglo XX e do IES Grabriel Miró de Orihuela.
-
Xuntamos o cadro descriptor dos contidos da proba da materia Historia de España nas PAU que está dispoñible no sitio virtual do grupo da CIUG
-
A bitácora do G.T. da materia da CIUG ofrece a circular orientativa da profesora coordinadora para preparar a proba deste curso 2025/26.
-
-
A economía, a sociedade e o estado modernizáronse durante o século XVIII mercé ás políticas reformistas aplicadas polos ministros ilustrados da dinastía dos Borbón e malia as resistencias de boa parte das elites soiais como veremos nas sesións presenciais utilizando o libro de texto e os materiais que xuntamos neste módulo deste curso virtual.
-
Xuntamos a presentación dixital elaborada pola profesora Pernas Oroza para iniciar o estudo das reformas político-administrativas, económicas e sociais na España do século XVIII
-
Propomos unha serie de documentos para explicar as características da nova planta política e administrativa introducida polos Borbón en España.
Descargaa no teu equipo ou imprimea, elabora unha composición manuscrita respostando con precisión e rigor ás cuestións requeridas e entrégaa, voluntariamente, como exercicio de comprobación dos treus coñecementos sobre o tema.
-
A chegada de emprendedores da costa catalana cunha nova arte de pesca (a xávega), mellores sistemas de prensado do peixe e de organización do traballo favoreceu a expansión dos almacéns de salga nas rías galegas dende mediados do século XVIII.
Eles optimizaron esa despensa salgada que eran as costas galegas, enfrontándose ao clero local ao negárense a pagar o décimo e merecendo as críticas dos ilustrados galegos porque, ao cabo, eran un grupo inmigrante que competiu con éxito coas elites locais como se explica neste documental da serie Historias de Galicia cuxo visionado recomendamos
Xuntamos un cartafol con imaxes que permiten entender mellor o proceso de salgado e prensado do peixe antes de metelo nos tabais nos que era enviado aos mercados mediterráneos e do interior de España durante o século XIX e parte do XX.
-
O aumento da demanda de produtos elaborados a partires do coiro fomentou a expansión de curtidurías a carón de ríos en comarcas gandeiras, que fornecían a materia prima, e con abundancia de carballos porque a casca destas árbores aportaba o tanino imprescindible para curtir eses pelexos.
Por iso artesáns de orixe vascofrancesa foron establecendo unha rede de curtidurías dende Verín (os Harguindey), ata Caldas de Reis (os Legerén), Betanzos (os Etxeverría), Santiago de Compostela ou Noia, documentada, no seu día, polas pescudas de Xoán Carmona e outros historiadores da economía de Galicia dende o século XVIII.
Para saber máis:
- Consulta na rede a información sobre esas curtidurías,
- Visita vrtualmente o museo do coiro de Allariz
- Descarga no teu equipo as imaxes deste cartafol que che ensinarán como era o traballo nesas instalacións protoindustriais.
- Consulta na biblioteca do IES o libro de Pedro García Vidal, a Noia da memoria, con información precisa sobre as curtidurías en Noia.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e respondea utilizando os materiais que se xuntan nela, como preparación da cuestión 10ª da PAU: o papel da muller na España moderna.
-
-
Xuntamos unha presentación dixital sobre a crise do Antigo Réxime en España e o establecemento do Estado Liberal de Dereito durante o século XIX.
-
Esta infografía elaborada por persoas expertas da U. de Cádiz describe o desenvolvemento e o resultado da batalla de Trafalgar
-
Este resumo da batalla de Trafalgar explica a estratexia de Nelson e as consecuencias da batalla na que se perderon 27 dos mellores buques da Marina Real española.
-
Descarga este arquivo no teu equipo e analiza a importancia da Carta Outorgada por José I Bonaparte en Bayonne aos seus súbditos españois.
-
Este documental elaborado polo equipo que coordina José María Cardesín, catedrático de Hª dos Movementos Sociais na U. da Coruña, explica a natureza da protesta popular e da violencia colectiva desatada a consecuencia da ocupación francesa de España dende maio de 1808 ata 1914.
Para saber máis sobre o tema, escoitade a entrevista concedida polo profesor Cardesín ao programa o Trasteiro da Historia:
-
Esta presentación dixital sintetiza as características das tres etapas de reinado de Fernando VII
-
Descarga esta práctica no teu equipo e resposta por escrito no teu caderno. Correxirase na aula na 1ª semana de febreiro de 2026
-
-
Neste espazo virtual dispós de guías para desenvolver a análise reflexiva de documentos históricos (textos, imaxes, táboas de datos, etc) utilizando o contido dos mesmos na elaboración de textos argumentativos nas preguntas de comparación de etapas ou procesos históricos e nos comentarios específicos sobre eses documentos.
-
Neste cartafol dispondes dunha guía para a análise e comentario de gráficas e táboas de datos e dun exemplo resolto sobre a composición sociolóxica dos deputados das Cortes de Cádiz.
-
Publicamos neste cartafol as rúbricas que se utilizarán para avaliar as preguntas correspontes ás comparacións (bloque 2 dos contidos da PAU da CIUG) e aos comentarios de documentos históricos (bloques 2, 3 e 4 deses mesmos contidos).
-
-
Descarga no teu equipo e realiza correctamente esta práctica sobre as causas, os obxectivos, as características e consecuencias económicas, políticas e sociais das desamortizacións efectuadas no contexto da formación do Estado Liberal de Dereito na primeira metade do século XIX, como actividade preparatoria da 2ª proba escrita desta 2ª avaliación da materia Historia de España.
-
Propomos a realización desta práctica como preparación da proba escrita correspondente. Lembra que debes desenvolver os seguintes apartados, ademais dos indicados específicamente no documento:
- Identificación do tema.
- Contextualización do documento.
- Comentario do proceso histórico / tema que se reflicte no documento
-
Destacado
-
Xuntamos unha presentación elaborada pola profesora Herminia Pernas que sintetiza as características do sistema político liberal da Restauración, a súa evolución e as razóns da súa crise final ante a incapacidade para democratizarse e frear os intereses das elites políticas locais.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e utilízaa para preparar os contidos referidos ao sistema político da Restauración con especial atención ao funcionamento do clientelismo e das redes políticas dos diferentes patróns ou próceres do sistema
-
Nesta práctica fornecemos unha extensa serie de artigos coetáneos e de interpretacións de expertos sobre as causas, características e consecuencias das prácticas fraudulentas e corruptas que alicerzaron o sistema político da Restauración.
Realizar esta práctica é unha boa preparación para a proba escrita correspondente a esta parte da materia.
-
O encasillado e a fraude electoral sistemática alicerzada na connivencia dos gobernos da quenda dinástica coas redes clientelares locais e provinciais permitiu unha etapa de orde política que favoreceu o progreso económico ata o desastre de 1898. Foi o comezo das críticas e propostas rexeneracionistas daquel sistema liberal que non foi quen de democratizarse e padeceu unha longa crise durante as dúas primeiras décadas do século XX.
Son as cuestións que debes desenvolver na proposta de composición que xuntamos nesta práctica.
-
Propomos un exercizo de repaso para analizar as dinámicas políticas da Restauración dende o ámbito local de Noia e o seu distrito electoral.
-
Resolve esta práctica, entregada en papel nas sesións presenciais, como se require nas cuestións propostas aplicando os coñecementos específicos traballados nas sesións presenciais que dedicamos a este tema.
-
Descarga esta práctica no teu equipo e respóndea como se indica nas cuestións que orientan o uso dos documentos.
-
Este artigo do profesor Santos Juliá propón reflexións acaídas sobre a vella (?) cuestión nacional na organización política do Estado español.
-
-
-
Aínda que, en xeral, a novela histórica é un mal sucedáneo do ensaio histórico rigoroso e mesmo dos libros de texto, certas obras literarias son un recurso axeitado para adentrarse no coñecemento das características básicas das sociedades históricas. Nomeadamente a magnífica novela realista (os Episodios Nacionais ou Fortunata y Jacinta de d. Benito Pérez Galdós) e naturalista (La tribuna de don Emilia Pardo Bazán), e novelas históricas cando teñen unha ambientación histórica de calidade como por exemplo, Hombres buenos e El asedio de Pérez Reverte ou as de J. Sanchez Adalid ambientadas na sociedade andalusí da alta idade media.
O diálogo máis fertil entre Historia e Literatura deuse no xénero da biografía como demostrou a profesora Isabel Burdiel coas súas magníficas biografías de ISabel II e de Concepción Arenal. Dita catedrática reflexionou sobre o tema nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega que tendes dispoñible nesta ligazón.