Saltar navegación

6. Ciencia da información

Datos vs Información

A "Informática" é a técnica da transmisión da información. Cómpre distinguir información de datos:

  • Datos: representación simbólica (numérica, verbal, gráfica) que recolle feitos empíricos
  • Información: conxunto organizado de datos procesados 

Para ter datos, cómpre un sistema que os represente, un conxunto finito de regras e símbolos que nos permitan representar de forma verbal e escrita todos os números naturais. Ós símbolos utilizados chámaselles cifras ou guarismos.

Diferentes sistemas numéricos

Ó longo da historia, a humanidade pasou de sistemas sen valor posicional (romanos, exipcios) a sistemas posicionais con base decimal (india, árabe) e finalmente ó binario e derivados, fundamentais para a era dixital.

Liña do tempo dos sistemas numéricos

Do mundo antigo á era dixital: base do sistema e un guarismo ou símbolo característico.

c. 3000 a.C.

Mesopotamia (babilonios)

Base 60 (sexaxeximal) 60

Sistema posicional con notación en cuñas. Herdamos del os 60 minutos/hora e os 360° do círculo.

c. 2700 a.C.

Exipto

Base 10 (decimal, non posicional) |

Xeróglifos diferentes para 1, 10, 100, 1000… Sistema aditivo con repetición de símbolos.

c. 500 a.C.

Roma

Aditivo/subtractivo, sen valor posicional IX

Números romanos (I,V,X,L,C,D,M). Úsanse hoxe en datas, capítulos, relóxios…

c. 500 d.C.

India

Decimal posicional con cero

Introduce o 0 como guarismo e o valor posicional das cifras. Base do sistema moderno.

s. VIII–IX

Mundo árabe → Europa

Indoarábigo decimal ٣

Difusión en Europa dos algarismos e do 0. Simplifica cálculo e contabilidade.

c. 300 d.C.

Maias

Base 20 (vixeximal) con cero ••• — 🐚

Puntos (1), barras (5) e cuncha para 0. Sistema posicional en niveis verticais.

1703

Binario (Leibniz)

Base 2 0 · 1

Só dous guarismos. É a base da informática: estados apagado/acendido.

s. XX

Octal e Hexadecimal

Base 8 e 16 7 · A(=10)

Atallos compactos do binario en informática, útiles para enderezos e cores (hex).

Para pensar: Que vantaxes ten un sistema posicional fronte a un aditivo? En que situacións modernas seguimos usando a base 60?

Xoga cos números

Cuestionario autocorrixible: Sistemas numéricos

Selecciona a resposta correcta en cada pregunta e preme en Corrixir.

  1. En números romanos, ¿canto vale XLII?


  2. Que símbolo empregaban os maias para o cero?


  3. Cantos graos ten un círculo completo no sistema babilonio?


  4. Que innovación achegaron os matemáticos da India?


  5. En sistema binario, ¿a que equivale o decimal 5?


  6. En hexadecimal, o número decimal 15 represéntase como:


  7. En que ámbitos seguimos usando hoxe a base 60?


  8. Por que é fundamental o sistema binario na informática?


Feito con eXeLearning (Nova xanela)