Saltar navegación

2.3. Memoria

Memoria

Nun ordenador hai tres tipos de memoria:

  • A ROM (Read only memory), que garante que o ordenador poida arrincar.
  • A caché, que fai que o procesador sexa máis rápido.
  • A RAM (Random access memory) ofrece espazo temporal para traballar cos programas.
Esquema das memorias dun ordenador
Tipo de memoria Volátil? Velocidade Tamaño habitual Función principal Exemplo / imaxe mental
RAM Si Rápida GB (4, 8, 16...) Espazo de traballo para programas en uso Mesa de estudo: ter varios libros abertos
ROM Non Lenta (comparada coa RAM) MB (moi pequena) Gardar instrucións fixas para o arranque (firmware, BIOS/UEFI) Manual de instrucións permanente
Caché Si Moi rápida (máis ca RAM) KB ou MB Acelerar á CPU gardando datos usados con frecuencia Axenda de peto coas notas máis usadas

Memoria RAM

A RAM (Random Access Memory) é a memoria principal dun ordenador. O seu nome significa “memoria de acceso aleatorio”, porque o procesador pode ler ou escribir en calquera posición dela de maneira rápida e directa. A memoria RAM funciona como a mesa de traballo dun estudante: canto máis grande sexa, máis libros e apuntamentos pode ter abertos ó mesmo tempo.

As características máis importantes son:

  • É volátil: cando apagamos o ordenador, todo o que estaba gardado na RAM pérdese. Por iso é distinta do disco duro ou do SSD, que gardan a información de forma permanente.
  • Velocidade/Capacidade: a RAM é moito máis rápida que os sistemas de almacenamento, polo que serve como “espazo de traballo” para o procesador.  A cantidade de RAM que necesita un equipo depende dos programas e aplicacións que se utilicen:
    • Para tarefas básicas podería ser suficiente con 8 GB de RAM.
    • Para tarefas máis profesionais, como deseño gráfico ou edición de vídeo, necesítanse polo menos 32 GB. 
  • Frecuencia: mídese en GB (xigabytes). Canto máis RAM teña un ordenador, mellor poderá executar varios programas á vez sen facerse lento. A información sobre a frecuencia da RAM soe aparecer tras a da xeración DDR. Por exemplo, a RAM DDR4 3200 MHz 32GB (2x16GB) execútase a unha frecuencia de 3200 MHz, e ten dous módulos de 16 GB cada un.
  • Latencia: canto tarda en procesar unha instrucción desde que a CPU a solicita.

As tarxetas físicas que se colocan nas ranuras da placa base coñécense como módulos DIMM (sobremesas) ou SO-DIMM (portátiles). As memorias RAM comezaron sendo de dous tipos: estáticas (SRAM) e dinámicas (DRAM e Syncronous DRAM - SDRAM). Sobre as SDRAM implantouse a tecnoloxía DDR - Double Data Rate (doble ratio de datos) que significa que a memoria pode transmitir datos por dous canais diferentes á vez. Cada pouco aparecen novas memorias deste tipo, DDRAM, melloradas, e identifícanse polo número da súa etiqueta:  

https://www.areatecnologia.com/TECNOLOGIA%20EN%20IMAGENES/TIPOS%20DE%20MEMORIAS%20RAM.htm. Memorias RAM




Feito con eXeLearning (Nova xanela)