Saltar navegación

4.1. BIOS/UEFI

BIOS ou UEFI?

Cando acendemos un ordenador, o primeiro que funciona non é o sistema operativo (Windows, Linux, etc.), senón un pequeno programa que está gardado na placa base. Ese programa pode ser BIOS ou UEFI.

BIOS (Basic Input/Output System) foi o sistema clásico durante moitos anos.

  • É un software moi básico que comproba que todos os compoñentes do ordenador funcionan (memoria, disco duro, teclado...) e logo carga o sistema operativo.
  • Ten unha interface sinxela, en modo texto.

UEFI (Unified Extensible Firmware Interface) éÉ a evolución moderna da BIOS.

  • Permite arranques máis rápidos, recoñecer discos duros moi grandes e ofrece unha interface máis visual, ás veces con rato e gráficos.
  • Tamén engade máis seguridade fronte a virus ó inicio.

Como saber se temos BIOS ou UEFI?

Se estamos en Windows é sinxelo:

  • Pulsamos co botón dereito do rato no icono de inicio de Windows.
  • Pulsamos en buscar e no cadro escribimos «msinfo» sn comillas.
  • Abrirásenos a xanela de información do sistema e aí indicarásenos o modo de BIOS que teñamos.

En Linux é un pouco máis complicado:

  • Temos que buscar a carpeta /sys/firmware/efi
  • Si existe, estamos usando UEFI, se non existe, estamos usando BIOS.

Acceso á UEFI nos equipos do centro

Para entrar na BIOS ou na UEFI hai que facelo xusto cando acendemos o ordenador, antes de que cargue o sistema operativo.

Normalmente aparece unha mensaxe na pantalla inicial que indica algo como “Press DEL to enter setup” ou “F2 for BIOS”.
As teclas máis usadas son:

  • Supr / Del (moi habitual en sobremesas)
  • F2 (moi usada en portátiles)
  • Nalgúns equipos tamén poden ser Esc, F1, F10 ou F12.

Unha vez dentro, podemos ver diferentes opcións: orde de arranque, configuración da memoria, axustes de seguridade... NA AULA NON PODEMOS CAMBIAR NADA, porque pode afectar ao funcionamento do ordenador.

En ocasións, tras abrir un equipo, o arranca falla. Isto é así porque se desactiva o modo de inicio seguro en UEFI. Para arreglao, debes acceder á UEFI premendo F12 e logo seleccionar UEFI en modo seguro:

Feito con eXeLearning (Nova xanela)