Saltar navegación

2.5. Disco duro

Disco duro

O disco duro é o compoñente do ordenador onde se gardan todos os datos de forma permanente (memoria "non volátil"): o sistema operativo, os programas, os documentos, as fotos, a música… 

Hai dous tipos principais:

https://www.ontek.net/hdd_vs_ssd/. HDD vs SSD

En que debo fixarme cando quero seleccionar un disco duro?

Tipo

La imagen compara la velocidad, durabilidad, precio, capacidad y peso de los discos duros SSD y HDD

HDD (Hard Disk Drive)

  • É o disco duro clásico.
  • Funciona cun prato magnético que xira e unha agulla que le e escribe os datos.
  • Teñen moita capacidade e son baratos, pero son máis lentos e sensibles a golpes.

SSD (Solid State Drive)

  • Non teñen partes móbiles: gardan a información en memoria flash.
  • Son moito máis rápidos, silenciosos e resistentes.
  • A súa desvantaxe é que resultan máis caros por cada GB de capacidade.

Capacidade de almacenamiento

Icono de una caja en la que se almacenan cosasMídese en Gigabytes (GB) ou Terabytes (TB). Osusuarios básicos soen traballar con memorias de hasta 1 TB, mientras que para usos más intensivos ou almacenamiento de datos grandes pode precisarse unha memoria superior.

Características

  • Capacidade: mídese en GB ou TB (1 TB = 1000 GB).
  • Velocidade de acceso: canto máis rápida sexa, antes se abren os programas e arquivos.
  • Conexións: os HDD adoitan usar SATA; os SSD poden usar SATA ou M.2/PCIe, que son aínda máis rápidas.

Icono de un velocímetro

Velocidade

Inflúe directamente no rápido que se carga o sistema operativo, os programas, etc. En función do protocolo de comunicación e modo de conexión a velocidade cambia.

Como funciona?

Discos portables

Leva os teus arquivos

Se precisas transportar datos dun ordenador a outro ou queres ampliar a capacidade de almacenamiento do teu equipo podes empregr unha memoria externa. Existen varios tipos:

La imagen muestra un disco duro externo, tarjetas de memoria de diferentes tamaños y un lápiz de memoria USB

Lectura facilitada

Puedes utilizar una memoria externa para:

- transportar datos de un ordenador a otro

- ampliar la capacidad de almacenamiento de tu equipo

Existen varios tipos:

La imagen muestra un disco duro externo, tarjetas de memoria de diferentes tamaños y un lápiz de memoria USB

Tarefa: o disco duro do teu equipo

Duración:
5
Agrupamento:
Individual

Para averiguar en Linux as características do teu disco duro, debes acceder a Comandos e teclear: 

lsblk -o NAME,MODEL,SIZE,ROTA

Este comando devólveche a seguinte información:

  • NAME → nome do dispositivo.
  • MODEL → modelo do disco.
  • SIZE → tamaño.
  • ROTA → indica se é rotatorio (1 = HDD, 0 = SSD).

1. Fai esta operación no teu equipo e obtén a máxima información posible do teu disco duro.

2. Vai a Sistema/Discos duros  e busca, nos tres puntiños de arriba á dereita, a información do rendemento do disco. Que información che aporta este dato? Fai unha captura de pantalla do resultado.

3. Na aula virtual hai un BOARD denominado "Disco duro": crea unha entrada cunha imaxe do rendemento do teu equipo e a información que xuntaras sobre o teu disco duro.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)