Concepto, tipos e conexión física
I. Que son as Redes Informáticas?
Unha rede informática é un conxunto de dous ou máis equipos e outros dispositivos de hardware (servidores, impresoras, etc.) que están interconectados para permitir a comunicación e a compartición de recursos (arquivos, aplicacións e servizos). O funcionamento de toda rede réxese por un conxunto de normas coñecidas como protocolos de comunicación.
Figura 1. Esquema dunha rede local (LAN) básica.
II. Tipos de Redes (Clasificación por Alcance)
As redes clasifícanse segundo a súa escala xeográfica ou a área que abarcan:
| Tipo de Rede | Acrónimo | Alcance Típico | Exemplo |
|---|---|---|---|
| Rede de Área Local | LAN | Un fogar, unha oficina ou un único edificio. | A rede WiFi da túa casa. |
| Rede de Área Metropolitana | MAN | Unha cidade ou área metropolitana. | Redes que interconectan varias sucursais dun banco na mesma cidade. |
| Rede de Área Extensa | WAN | Grandes distancias xeográficas (países ou continentes). | A **Internet** é o maior exemplo de WAN global. |
Figura 2. Comparación da escala xeográfica (LAN, MAN, WAN).
III. Conexión Física á Internet (A "Última Milla")
Para que a nosa rede local (LAN) acceda á rede global (WAN/Internet), é necesaria unha infraestrutura física. A conexión céntrase no tramo final que chega ao usuario, coñecido como a "última milla".
Os tres métodos de cableado principais:
-
Cable de Fibra Óptica (FTTH)
Transmite datos mediante **pulsos de luz** a través de filamentos de vidro ou plástico. É a tecnoloxía máis rápida e estable actualmente. (Ex. FTTH: Fiber To The Home).

-
Cable Coaxial (HFC)
Similar ao cable de televisión, combina fibra nas redes principais e cabo coaxial na fase final. É unha solución de alta velocidade, aínda que menos que a fibra pura.
-
Cable trenazado de pares (ADSL / VDSL)
Utiliza o cableado telefónico de **par trenzado** de cobre preexistente. É a tecnoloxía máis antiga e lenta (Ex. ADSL). Este cable conéctase por medio de conectores RJ-45:



