Saltar navegación

2.4. Tarxeta gráfica

Tarxeta gráfica (GNU)

A tarxeta gráfica é un dispositivo que contén unha GPU máis diversas compoñenentes electrónicas e saídas de pantalla. A GPU (Graphics Processing Unit) é o compoñente encargado de xerar e mostrar imaxes, vídeos e animacións na pantalla do ordenador. Canto máis potente sexa, mellor será a calidade visual e máis rápido se poderán executar xogos ou programas que precisen moito gráfico (como edición de vídeo ou deseño 3D).. Fabrícana AMD, NVIDIA e Intel, e hai actualizacións constantes que permiten aspectos como o Machine Learning a tempo real nos videoxogos (tecnoloxía DLSS). 

Hai dous tipos principais:

  • Gráficas integradas: veñen incluídas dentro do procesador ou da placa base. Consumen pouca enerxía, son máis baratas e suficientes para tarefas básicas (navegar, ofimática, reproducir vídeos).
  • Gráficas dedicadas: son tarxetas independentes que se conectan á placa base. Teñen a súa propia memoria e procesador gráfico, polo que ofrecen un rendemento moito maior, moi útil para videoxogos, deseño, realidade virtual ou intelixencia artificial.
Gráfica integrada
Gráfica dedicada

Compoñentes

  • Procesador de comandos: le a lista de pantalla ou de instrucións que lle envía a CPU, tanto para xenerar gráficos como para facer cálculos complexos.
  • Unidade de Rasterizado: realiza a transformación do espazo tridimensional baseado en vértices a un espazo bidimensional baseado en píxeles.
  • Unidade de Texturizado: aplica unha imaxe sobre unha superficie para simular textura ou color na vida real.
  • Raster Output: debuxa os píxeles finais sobre o búfer de imaxe.
  • Unidade Shader: un núcleo capaz de executar programas pensados para manipular primitivas gráficas a tempo real.
  • Unidade de intersección: calcula a intersección dos raios da escena cos obxectos.
  • Unidade de teselación: subdivide os vértices dos obxectos para darlles un aspecto máis redondeado e pulido.
  • CODEC de Vídeo: procesador independente que decodifica e codifica vídeo en varios formatos multimedia, reproduciíndoo. 
  • Interfaz de memoria: o que permite á GPU ler da súa memoria RAM, coñecida como VRAM.
  • DMA: unidade que permite á GPU ler da RAM principal do sistema.

Características

  • Memoria gráfica (VRAM): garda texturas, modelos e datos que a GPU necesita para debuxar as imaxes.
  • Velocidade e núcleos de procesamento: determinan a capacidade de cálculo gráfico.
  • Saídas de vídeo: HDMI, DisplayPort, VGA, etc., para conectar diferentes pantallas.
  • Refrixeración: adoitan incluír ventiladores porque xeran moita calor.

Compatibilidade

A placa base debe ter un porto PCI Express compatible coa tarxeta gráfica. Por exemplo, unha tarxeta gráfica PCI Express 4.0 non se poderá montar nunha placa base con ranura para unha versión anterior PCI Express 3.0. 

Gama e serie

Gama Identificador do modelo Descrición Xeración
Básica GT (Game Tested) Probouse en xogos. Se son moi esixentes, pode que non rinda abondo. As letras Ti o superI indican que se trata dun modelo mellorado
Media

GTX (Game Tested eXtreme)

RX (Radeon eXtreme)

Foi testada en xogos máis esixentes.
Alta RTX (Ray Tracing eXtreme) Son as máis potentes. Foron deseñadas para traballos pesados.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)