Saltar navegación

4.2. Sistemas operativos (SO)

Sistemas Operativos

O sistema operativo (SO) é o programa máis importante dun ordenador. Sen el, o hardware non podería funcionar de maneira útil. O sistema operativo fai de ponte entre a máquina e o usuario: xestiona os compoñentes do equipo e permite que poidamos usar aplicacións.

As súas principais funcións son:

  • Arrincar o ordenador e cargar todos os compoñentes necesarios.
  • Xestionar os recursos: memoria RAM, procesador, discos, periféricos…
  • Facilitar unha interface de usuario: pode ser gráfica (xanelas, iconas, menús) ou por liña de comandos.
  • Controlar os ficheiros: gardar, organizar e recuperar documentos e programas.
  • Permitir executar aplicacións: xogos, navegadores, programas de oficina, etc.

Exemplos de sistemas operativos:

  • Windows (o máis usado en PCs de sobremesa e portátiles).
  • Linux (hai moitas versións, como Ubuntu ou Debian; é libre e moi usado en servidores e educación).
  • macOS (usado nos ordenadores Apple).
  • En dispositivos móbiles: Android e iOS.
https://imecaf.com/blog/2024/06/07/sistemas-operativos/. Sistemas operativos

Liña de tempo dos SO

1981
DOS PC inicial

Sistema en liña de comandos que popularizou o PC. Base para as primeiras versións de Windows.

1984 →
Mac OS → macOS

Interface gráfica pioneira (1984). En 2001 pasa a macOS con base UNIX, estabilidade e seguridade melloradas.

1985 →
Windows

De contorno gráfico sobre DOS a sistema completo (Windows 95→11). O máis estendido en PCs domésticos.

1991 →
Linux Código aberto

Kernel libre con múltiples distribucións (Debian, Ubuntu...). Moi usado en educación, servidores e ciencia.

2007 →
iOS

Sistema para iPhone/iPad. Interface táctil optimizada, ecosistema pechado e foco en seguridade.

2008 →
Android

Baséase en Linux. O máis usado en móbiles, con ampla variedade de dispositivos e personalización.

Cuestión: Identifica en que dispositivos usas cada SO e pon un exemplo de tarefa para a que é especialmente bo.

Partes dun SO

Todo SO está composto polos seguintes elementos:

  • Kernel (núcleo): proporciona o control básico sobre todos os elementos do hardware. É o primeiro que se carga e ten por funcións: ler, escribir e interpretar datos na memoria, procesar ordes.
  • Interfaz de usuario: permite a comunicación co usuario a través de iconas (gráficos) ou liña de comandos.
  • Interfaz de aplicacións: compoñente que permite ós desarrolladores de aplicacións escribir código modular.  Linux non ten.
  • Sistema de arquivos: administra o uso de memorias periféricas.
Partes dun SO

Tipos de SO

  • Sistema operativo en tempo real (RTOS): empréganse para controlar maquinaria, instrumentos científicos e sistemas industriais co fin de que unha operación particular se execute exactamente no mesmo tempo cada vez que ocorre.
  • Usuario único, tarefa única: diseñado para administrar a computadora de modo que un usuario poida facer unha cousa á vez.
  • Usuario único, multitarefa: o que temos case todos, permiten que un só usuario teña varios programas en funcionamento ó mesmo tempo.
  • Multiusuario: permite que moitos usuarios diferentes aproveiten os recursos da computadora simultaneamente. Os sistemas operativos Unix, VMS e Mainframe, como MVS, son exemplos de sistemas operativos multiusuario. As estacións do taller de Tecno son así.

Linux: un software aberto

O software libre ou aberto (tamén chamado open source) é aquel que se pode usar, copiar, modificar e compartir libremente. O seu código está dispoñible para que calquera poida velo e melloralo.

As razóns polas que é tan importante son:

  • Liberdade: non dependemos dunha empresa concreta, senón que podemos adaptar o programa ás nosas necesidades.
  • Acceso gratuíto: moitos programas libres son de descarga e uso sen custo, algo moi útil en educación e administracións.
  • Seguridade: ó estar o código aberto, a comunidade mundial revisa e detecta erros ou virus máis rápido.
  • Colaboración: miles de persoas de diferentes países traballan xuntas para mellorar o software, compartindo coñecemento.
  • Durabilidade: un programa aberto pode seguir mellorando no tempo, aínda que a empresa orixinal desapareza.

Un dos exemplos máis coñecidos é Linux, un sistema operativo libre que se usa en moitos ordenadores, servidores, móbiles (Android) e supercomputadores. Debian é unha das distribucións de Linux máis coñecidas e importantes do mundo. En Galicia, a Xunta decidiu empregala nos centros educativos porque cumpre unha serie de características que a fan moi adecuada para a escola: 

  • Estabilidade e seguridade: Debian destaca por ser unha distribución moi fiable. Recibe actualizacións frecuentes e corrixe fallos de seguridade con rapidez.
  • Gran repositorio de programas: ofrece máis de 50.000 paquetes dispoñibles (ofimática, internet, gráficos, programación, educación, etc.), que se poden instalar facilmente desde os repositorios oficiais.

Xogo Funcións dun sistema operativo

Relaciona las funciones del sistema operativo con un ejemplo.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona las funciones del sistema operativo con un ejemplo.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#ffffff","backcolor":"#002b4a","eText":"Administra%20los%20archivos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Organiza%20y%20guarda%20documentos%20en%20carpetas."},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#ffffff","backcolor":"#002b4a","eText":"Gestiona%20los%20recursos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Distribuye%20la%20memoria%20RAM%20para%20que%20el%20ordenador%20funcione%20sin%20errores."},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#ffffff","backcolor":"#002b4a","eText":"Presenta%20la%20interfaz%20de%20usuario","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Permite%20ver%20las%20carpetas%20y%20programas%20a%20trav%C3%A9s%20de%20una%20pantalla%20con%20iconos."},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#ffffff","backcolor":"#002b4a","eText":"Administra%20las%20tareas","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#002b4a","backcolorBk":"#e5f2f9","eTextBk":"Coordina%20que%20puedas%20usar%20un%20procesador%20de%20textos%20mientras%20escuchas%20m%C3%BAsica."}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Guardar la puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025129124018-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"¡Genial! La pista es:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Pulse aquí para jugar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Errores","msgHits":"Aciertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Salir del modo pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sin imágenes","msgEndGameScore":"Antes de guardar la puntuación comience la partida.","msgScoreScorm":"La puntuación no se puede guardar porque esta página no forma parte de un paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"¡Sólo puede guardar la puntuación una vez!","msgOnlySave":"Sólo puede guardar una vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"Su puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"Su puntuación se guardará después de cada pregunta. Sólo puede jugar una vez.","msgSaveAuto":"Su puntuación se guardará automáticamente después de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Puede guardar la puntuación tantas veces como quiera","msgYouLastScore":"La última puntuación guardada es","msgActityComply":"Ya ha realizado esta actividad.","msgPlaySeveralTimes":"Puede realizar esta actividad cuantas veces quiera","msgClose":"Cerrar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de tarjetas","msgTryAgain":"Necesita al menos un %s% de respuestas correctas para conseguir la información. Vuelva a intentarlo.","msgEndGameM":"Has completado el juego. Tu puntuación es %s.","msgUncompletedActivity":"Actividad no completada","msgSuccessfulActivity":"Actividad superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividad no superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
Su navegador no es compatible con esta herramienta.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)