Linguaxe de comandos
A linguaxe de comandos é como falar directamente coa máquina, usando palabras clave que executan accións de maneira rápida e precisa. Existe en todos os sistemas operativos:
- En Windows, tecleando CMD na caixa de busca
- En Linux, mediante a ruta "Terminal" ou co atallo 'Ctrl + Alt + T'
- En macOS, Terminal.
Un comando é unha instrución que lle damos directamente ó ordenador a través dunha consola ou terminal (unha xanela en modo texto). En lugar de facer clic con rato en iconas ou menús, escribimos ordes curtas que o sistema entende e executa. A continuación déixovos os comandos máis usados en Linux, sobre os que podes atopar máis información neste artigo.
Comandos básicos de Linux (Debian)
| Comando | Para que serve | Exemplo | Nota |
|---|---|---|---|
pwd |
Amosa a ruta da carpeta actual. | pwd |
“Onde estou?” |
ls |
Lista arquivos e cartafoles. | ls -l |
-l mostra detalles; -a inclúe ocultos. |
cd |
Cambiar de carpeta. | cd Documentos |
cd .. sobe un nivel; cd ~ vai á casa. |
mkdir |
Crear un cartafol novo. | mkdir proxecto |
Para crear varios: mkdir a b c. |
touch |
Crear un ficheiro baleiro ou actualizar data. | touch notas.txt |
Útil para probar. |
cp |
Copiar ficheiros ou cartafoles. | cp texto.txt copia.txt |
Cartafoles: cp -r fotos/ copia_fotos/. |
mv |
Mover ou renomear. | mv borrador.txt final.txt |
Para mover: mv final.txt Documentos/. |
rm |
Eliminar ficheiros. | rm lixo.txt |
Coidado: cartafoles con -r (rm -r vello/). Non hai papeleira. |
cat |
Ver o contido dun ficheiro. | cat notas.txt |
Para ficheiros longos, mellor less. |
less |
Ler ficheiros longos por páxinas. | less libro.txt |
Sae con q; busca con /palabra. |
nano |
Editor de texto sinxelo en terminal. | nano notas.txt |
Gardar: Ctrl+O; Saír: Ctrl+X. |
grep |
Buscar texto dentro de ficheiros. | grep \"Linux\" notas.txt |
Recursivo: grep -r \"palabra\" carpeta/. |
find |
Atopar ficheiros por nome. | find . -name \"*.pdf\" |
O punto . é a carpeta actual. |
df -h |
Espazo libre nos discos. | df -h |
-h amosa tamaños “humanos”. |
free -h |
Uso da memoria RAM. | free -h |
Útil para ver se falta RAM. |
uname -a |
Info do sistema (kernel). | uname -a |
Versión de Linux instalada. |
lsblk |
Listar discos e particións. | lsblk -o NAME,SIZE,ROTA |
ROTA: 0=SSD, 1=HDD. |
sudo apt update |
Actualizar a lista de paquetes. | sudo apt update |
Primeiro paso antes de instalar. |
sudo apt install |
Instalar programas desde repositorios. | sudo apt install gimp |
Pide contrasinal de administrador. |


