Saltar navegación

5.1. Sistema binario

Sistema binario e decimal

Bits e bytes

O bit é a unidade máis pequena de información que entende un ordenador.

  • A palabra vén de binary digit (díxito binario).
  • Só pode ter dous valores: 0 ou 1.
  • Estes dous valores representan os dous estados posibles dun circuíto electrónico:
    • 0 → apagado (sen corrente)
    • 1 → acendido (con corrente)

A partir dos bits constrúense todas as operacións informáticas: números, letras, imaxes, música... todo acaba representado como unha cadea de ceros e uns.

Para manexar cantidades maiores, agrúpanse os bits. OLLO! Os múltiplos non son iguais en binario ca en decimal:

  • 1 byte = 8 bits
  • 1 kilobyte (KB) = 1024 bytes
  • 1 megabyte (MB) = 1024 KB
  • 1 gigabyte (GB) = 1024 MB
  • 1 terabyte (TB) = 1024 GB

Múltiplos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)