Saltar navegación

Taxonomías

Ruta: Administración > Administración do contido > Taxonomía

Nesta ruta accedemos aos formularios que nos permiten administrar as taxonomías do sitio web, e dicir, a estructura de vocabularios e termos nos que queremos clasificar os contidos.

Categorías

Na pestana Engadir vocabulario pódese crear unha nova categoría. No momento de facelo hai que ter en conta o seguinte:

  • Nome do vocabulario: (* obrigatorio) debera ser un nome significativo, claro e non moi longo, xa que despois tamén o empregaremos para a creación dos menús visibles na nosa páxina.
  • Tipos: aquí debemos marcar os posibles tipos de contidos que van poder ir publicados na categoría que se está a crear. Como os tipos de contidos aínda non os vimos neste curso, deberemos de marcar todos eles: Páxina, Historias, Imaxe, Evento...Posteriormente, cando o administrador xa teña maior dominio e coñecemento, xa poderemos determinar se algún tipo de contido o queremos ou non asociar a determinada categoría.
  • Opcións: deixamos en principio as opcións como veñen por defecto, sen marcar. O resto das opcións ignorarémolas de momento. Indicar só que no caso de marcar Obrigatorio, obrigase a que tódolos contidos que se creen teñan que estar clasificados ou categorizados por un termo desta categoría, o cal, a priori, non é interesante que se faga. Un exemplo onde é empregada esta característica e nos blogs de aula feitos en Drupal, neses casos os contidos en lugar de categorizarse do xeito habitual empregan etiquetas ou tags libres a través dunha categoría obrigatoria de etiquetado libre chamada "Etiquetas dos blogs"
  • Taxonomy menu: en Menu location búscase o nome do menú asociado a esta categoría que teríamos que ter creado xa dende a ruta Administrar > Construcción da páxina > Menús dándolle á pestana Engadir menú; os termos asociados á categoría xa aparecen como elementos de menú dun xeito automático. Nas opcións deste apartado desmarcamos o item Add item for vocabulary e o resto deixámolo como está.

[Nota: Cada vez que se engade unha categoría hai que ir a Taxonomía access permissions (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Taxonomía access permissions) e establecer os permisos por defecto que tomaran os termos que se creen posteriormente baixo esa categoría. Explicaremos este apartado na sección de permisos.]

Unha vez que teñamos creadas as categorías, desde a lista de Categorías, podemos ver na columna de Operacións as seguintes posibilidades:

  • Editar vocabulario: pódese variar o nome do vocabulario e as súas opcións (tipos de contido asociado, xerarquía...)
  • Lista de termos: accédese aos termos da categoría, podendo modificar a súa posición na páxina, o seu nome...
  • Engadir termos: crear novos termos dependentes dun determinado vocabulario. Os termos creados poden adoptar unha estrutura en árbore colgando uns doutros, basta con elixir como pai en lugar de root (selección que aparece por defecto) outro termo creado dentro da categoría ou vocabulario.
Exemplo: o vocabulario Profesorado ten dous termos asociados: Profesional e Reunións que están ao mesmo nivel (nivel 1). Para colgar un novo termo que se chame Documentos, do termo Profesorado, os pasos a seguir son os que aparecen ilustrados a continuación. Esta é a maneira máis sinxela de modificar a estrutura da páxina tomando como base a estrutura inicial común a tódolos centros. Os termos así creados manteñen os mesmos permisos que a categoría.

Profesorado: Profesional, Reunións
 

Paso 1: Estrutura inicial do bloque Profesorado
Engadir termo
Paso 2: Engadir termo e escribir o nome do termo
Pai: Profesional, Nome do termo: Documentos
Paso 3: introducir o pai en Opcións avanzadas

Profesorado: Profesional ( Documentos) , Reunións

Paso 4: Estrutura final do menú profesorado

[Nota: no caso que non interese que o novo termo creado tome os permisos por defecto do vocabulario do que depende hai que ir Taxonomía access permissions (ruta: Administrar > Mantemento de usuarios > Taxonomía access permissions) e revisar os permisos para os diferentes roles sobre o termo engadido.]

 

peso 

 

Cando se edita ou crea un novo termo ou vocabulario aparece este cadro para indicar o peso. Co peso indícase a posición relativa que vai ter con respecto ao resto dos vocabularios ou termos, segundo sexa o caso, que estean no mesmo nivel. Sendo ordenados de menor a maior peso, aparecendo na parte superior os de menos peso. No caso de ter o mesmo peso ordéase alfabeticamente.

Lembra que:

  • Para que sexa efectiva calquera modificación realizada e poida ser recollida na páxina web, hai que premer sobre o botón Enviar situado na parte inferior esquerda de cada unha das pantallas.
  • Soamente os campos que aparecen con asterisco de cor vermella son de obrigatorio cumprimento para poder enviar os datos.