Saltar navegación

Configuración básica inicial

Na ruta Inicio » Administrar » Construción do sitio » Módulos podemos ver o conxunto de módulos activos na nosa web.

Como se pode ver na seguinte imaxe, o conxunto de módulos activos das SWF Tools na configuración inicial dun novo sitio de Webs Dinámicas está formado por estes módulos:

  • SWF Tools: é o nucleo destas ferramentas e imprescindible para empezar a traballar con elas.
  • 1 Pixel Out: é un reproductor de ficheiros de audio en formato MP3
  • JW Media Player 3: trátase dun reproductor de vídeos en formato flash e audios en formato MP3.
  • SWFObject2: Método de integración habilitado por defecto.

Configuración inicial de módulos

 

Este conxunto de módulos podemos clasificalos en tres grupos, segundo a súa funcionalidade:

  • O módulo SWF Tools: é o nucleo destas ferramentas e é preciso que esté activo para poder activar calquera dos outros.
  • Módulos de soporte de reproductores. Estes módulos permiten que podamos utilizar distintos reproductores de medios. Son os seguintes: 1 Pixel Out, Flow Player, Flow Palyer 3, JW Image Rotator 3, JW Media Player 3, JW Media Player 4, SimpleViewer.
  • Métodos de integración. Estes módulos permítennos utilizar distintos métodos de integración dos contidos multimedia no código das páxinas HTML que se descargan á hora de visitar a web. Son os seguintes módulos: jQuery Flash Plugin, SWFObject, SWFObject2, UFO.